Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

Axudas económicas para libros de texto en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

LibroO Concello de Nigrán informa que está aberta a convocatoria para as bolsas de axudas destinadas á adquisición de libros de texto para alumnos de educación infantil matriculados nos colexios públicos do municipio. Estas axudas poderán ser solicitadas polas familias dos nenos que reúnan os seguintes requisitos: estar empadroados en Nigrán, estar ao día do pago das taxas e impostos municipais, non superar o límite dos recursos establecidos.

Veciños de Chandebrito alertan sobre o estado ruinoso do antigo muíño de auga das Loureiras.

Correo-e Imprimir PDF

muino-das-loureirasMembros da Asociación Veciñal e Cultural "Chandebrito 1807" descubriron recentemente cómo o antigo muíño de auga das Loureiras, situado en Chandebrito xa preto da parroquia de Coruxo, está practicamente derribado. Os veciños informan que posiblemente caloulle enriba unha árbore de grandes dimensións que se cortou hai poucos meses.

O proxecto Aula Verde ofreceu o seu derradeiro obradoiro deste curso no CEE Juan María

Correo-e Imprimir PDF

aula-verde-cee-juan-mariaO Centro de Educación Especial Juan María de Parada albergou hoxe a derradeira xornada do proxecto Aula Verde na Escola. Trátase dun programa que a empresa Teixugos leva impartindo nos últimos anos nos centros educativos do municipio. Estes obradoiros, plantexados como xogos de educación medioambiental para os nenos e nenas de Nigrán, tratan diversos ámbitos dentro da protección e coidado medio ambiental do noso entorno.

Festa medieval en Camos e unha homenaxe ás enerxías alternativas en Panxón na clausura escolar.

Correo-e Imprimir PDF

festival-medieval-ceip-da-cUn festival medieval pechou o presente curso académico no CEIP da Cruz, en Camos, materia na que os alumnos deste centro levan traballando todo ano: os castelos e as distintas construcións arquitectónicas, os cabaleiros, a liñaxe vinculada aos escudos e os distintos estamentos sociais desa época da historia foron algunhas das cousas na que estiveron a investigar e aprender os nenos do colexio de Camos. Ademais das actuacións habituais e as graduacións dos pequenos que deixan infantil e primaria, pola tarde alumnos, profesores, pais, nais a familiares, deron o derradeiro adeus ao curso ataviados con traxes medievais.

Aberta a convocatoria para o Programa Diúrno de Balnearios de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

piscina-talaso-oiaA concellaría de Benestar Social do Concello de Nigrán, en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra, organiza e convoca o Programa Diúrno de Balnearios. Este programa consiste en pasar cinco tardes seguidas dunha mesma semana no balneario Talaso Atlántico de Oia, facendo uso das súas instalacións e regresando diariamente a casa en autobús. Os usuarios deste programa poderán gozar dunha serie de servizos talles como, zonas de contracorriente, camas de burbullas, jets de masaxe, jacuzzi, sauna finlandesas, etc., durante unha media de 2 horas día.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL