Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O proxecto Aula Verde ofreceu o seu derradeiro obradoiro deste curso no CEE Juan María

O proxecto Aula Verde ofreceu o seu derradeiro obradoiro deste curso no CEE Juan María

Correo-e Imprimir PDF
aula-verde-cee-juan-maria

O Centro de Educación Especial Juan María de Parada albergou hoxe a derradeira xornada do proxecto Aula Verde na Escola. Trátase dun programa que a empresa Teixugos leva impartindo nos últimos anos nos centros educativos do municipio. Estes obradoiros, plantexados como xogos de educación medioambiental para os nenos e nenas de Nigrán, tratan diversos ámbitos dentro da protección e coidado medio ambiental do noso entorno.

 

Os estudantes recibiron entre outra achegas, consellos para o aforro de auga, tratamento e reciclaxe de residuos, biodiversidade, como optimizar a enerxía nos fogares, a creación e mantemento dunha horta escolar, guías de pegadas, rastros e sinais, e características do medio mariño, da súa flora e a súa fauna.