Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

A asociación de veciños de Nigrán convoca unha asamblea para informar sobre o PXOM

Correo-e Imprimir PDF

A asociacións resolverá as dúbidas dos veciños referentes ao documento

A asociación de veciños Dunas de Nigrán convoca para este domingo ás 12h no colexio Humberto Juanes de Vilameán, unha asamblea aberta para informar sobre o futuro do Plan Xeral.

A asamblea contará coa participación dun avogado urbanístico, que explicará o documento e resolverá as dúbidas dos veciños, logo de que o alcalde pechara á vía da participación cidadá.

Os colectivos veciñais ameazan con sair á rúa se o concello non atende ás súas peticións sobre o PXOM

Correo-e Imprimir PDF

Os colectivos presentáronse onte diante do concello de Nigrán, na data fixada para reunión na súa solicitude.
16 colectvios veciñais, pertencentes ao Consello Sectorial do PXOM de Nigrán, non descartan unha posible manifestación se o concello non dá marcha atrás na súa intención de aprobar o PXOM se antes antender ás súas demandas.

Os colectivos acusan ao alcalde de Nigrán de "mentir" e "manipular" á opinión pública, vendendo unha imaxe de diálogo e conciliación cos colectivos, que non existe.

O CIM de Nigrán clausura o seu curso de costura.

Correo-e Imprimir PDF

costura-cim-nigranA concelleira de Patrimonio Igualdade e Xuventude, Mª José Pino Fernández, clausurou onte día 13 de xuño o curso de iniciación á costura organizado polo Centro de Información ás Mulleres. O curso estivo destinado a adquisición de coñecementos elementais para realizar pequenos arranxos, puntadas básicas, coller bastas, coser botóns, poñer cremalleiras e a elaboración de prendas de roupa

O alcalde de Nigrán alega a insuficiencia de prazo previo para rexeitar a solicitude de reunión coas asociacións

Correo-e Imprimir PDF

O concello prevé a aprobación inicial do PXOM no mes de xuñoO Alcalde de Nigrán rexeita novamente a solicitude de convocatoria oficial do consello sectorial aludindo a unha falta de prazo na solicitude.

As últimas reunións convocadas polo concello para as reunións segregadas do consello sectorial, tiveron un prazo de apenas 48h e algunhas delas en horario labora de mañán.

CESPA pon en marcha un novo sistema de recollida de vidro para os hostaleiros de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

lixo-vidro-cespaOs hostaleiros de Nigrán disporán desde hoxe dun novo sistema de recollida de vidro. Trátase dun contedor de 120 litros con dúas rodas, o cal unha vez cheo, descargaríase nuns contedores tipo iglú. Os mesmos dispoñen dun sistema de izado hidráulico do contedor, facilitando desta forma a separación en orixe e posterior xestión do residuo.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL