Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán CESPA pon en marcha un novo sistema de recollida de vidro para os hostaleiros de Nigrán.

CESPA pon en marcha un novo sistema de recollida de vidro para os hostaleiros de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
lixo-vidro-cespa

Os hostaleiros de Nigrán disporán desde hoxe dun novo sistema de recollida de vidro. Trátase dun contedor de 120 litros con dúas rodas, o cal unha vez cheo, descargaríase nuns contedores tipo iglú. Os mesmos dispoñen dun sistema de izado hidráulico do contedor, facilitando desta forma a separación en orixe e posterior xestión do residuo.

 

Responsables da empresa CESPA, acompañados polo alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, e o concelleiro de Vías e Obras, José Álvarez, asistiron hoxe a unha demostración e explicación do sistema aos hostaleiros da zona de Panxón. O alcalde opinou que o novo sistema, "mellorará e, sobre todo, simplificará unha ardua tarefa que diariamente realizan os hostaleiros".