Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O CIM de Nigrán clausura o seu curso de costura.

O CIM de Nigrán clausura o seu curso de costura.

Correo-e Imprimir PDF
costura-cim-nigran

A concelleira de Patrimonio Igualdade e Xuventude, Mª José Pino Fernández, clausurou onte día 13 de xuño o curso de iniciación á costura organizado polo Centro de Información ás Mulleres. O curso estivo destinado a adquisición de coñecementos elementais para realizar pequenos arranxos, puntadas básicas, coller bastas, coser botóns, poñer cremalleiras e a elaboración de prendas de roupa

 

O curso estivo destinado a homes e mulleres, coa finalidade de fomentar a corrresposabilidade entre homes e mulleres nas tarefas domésticas. Esta iniciativa inscríbese na área de corresponsabilidade e conciliación do II Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Nigrán, aprobado o pasado mes de novembro polo pleno do Concello de Nigrán