Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

PSOE e BNG de Nigrán presentan moción para que o alcalde convoque "de xeito urxente" ao Consello Sectorial.

Correo-e Imprimir PDF

asociacions nigran_csAs agrupacións do BNG e o PSOE de Nigrán presentaron unha moción conxunta ao alcalde popular Alberto Valverde para que convoque "de xeito urxente" ao Consello Sectorial para tratar os temas relativos á actual tramitación do Plan Xeral de Ordenamento Municipal (PXOM). Os propoñentes argumentan que nos últimos meses se presentaron diversas peticións co igual contido por parte de varias organizacións membros do Consello sen que ata de agora o alcalde dera resposta ás mesmas.

Os nichos furados no cemiterio de Priegue en Nigrán, dividen aos veciños.

Correo-e Imprimir PDF

circularOs veciños da parroquia de Priegue, en Nigrán, están enfrontados polo cemiterio. A directiva comezou fai algo máis dun mes unhas obras que segundo denunciaron varios propietarios dos nichos, no mes de xuño, non foron informadas conforme aos estatutos da asociación. Por riba abríronlles uns buracos sen avisar que dividiron aínda máis aos dous centenares de propietarios. A obra, estimada nuns 70 mil euros, non contaría coa aprobación de tódolos propietarios que entenden que o camposanto ten outras urxencias.

Fernández Comesaña cualifica como deficiente e errónea á actual redacción do PXOM de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

antonio fernandezO concelleiro Antonio Fernández Comesaña cualificou á actual redacción do PXOM de Nigrán como "muy deficiente", sustentadora dun modelo de municipio "erróneo" baseado en vivendas unifamiliares. As críticas foron vertidas logo do derradeiro Pleno de Nigrán, a través dun comunicado onde o edil da UCN-CDL reclamou a populares e socialistas "altura de miras" na procura dunha redacción de consenso.

Nigrán recupera á mesa sobre violencia de xénero

Correo-e Imprimir PDF

violencia xeneroO goberno de Nigrán instalou unha Mesa sobre Violencia de Xénero co fin de atender esta problemática no eido municipal. A mesma estará integrada por representantes da Garda Civil, a Policía Local, a Subdelegación de Goberno, Servizos Sociais, e o Centro de Información ás Mulleres local, organismo que coordinará este grupo de traballo.

O concelleiro Juan González denuncia a inseguridade no camiño de acceso á Area Fofa en Monteferro.

Correo-e Imprimir PDF

area-fofa-2O camiño de Area Fofa, ao carón de Monteferro, é o acceso a praia do mesmo nome así como á cala de Punta Feitales, asemade de acceso a numerosas vivendas, "leva máis de dous meses en estado lamentable e cun enorme socavón que crece día a día coa indiferenza do goberno de Nigrán", denunciou esta tarde o concelleiro Juan González (PSOE).

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL