Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

Veciños, familiares e amigos concéntranse hoxe en Camos para impedir que as máquinas do concello derruben a casa dunha familia

Correo-e Imprimir PDF

Veciños concéntranse ás portas da casa para impedir a chegada das máquinasSantiago Piñeiro e Ana Taboada, recibiron o "impacto" de todo "o peso da lei" para executar a sentenza de derrubo que recae sobre a súa vivenda en Camos, construída sobre chan rústico.

A PAH do Vigo-Baixo Miñor, veciños e familiares e membros de varias formacións políticas acudiron á chamada da familia para impedir o derrube, nunha situación que consideran inxusta dado que a empresa aledaña que os denunciou conta tamén con todas as súas instalacións ilegais e situadas enriba dun elemento patrimonial como é o Castro da Tarela.

Fernández Comesaña cualifica como unha "trampa mortal" as reformas da Estrada pola Vía

Correo-e Imprimir PDF

estrada-pola-via"A mala sinalización e a redución da calzada da Estrada pola Vía (PO-325) pon en perigo a circulación peonil e dos vehículos". Así o denunciou publicamente o concelleiro Antonio Fernández Comesaña (UCN-CDL), quen alertou do "peligroso que resulta circular" polo veiro dende que os seus carrís foron estreitados a 3 metros para acoller o mal chamado carril bici.

O PP de Nigrán vota en contra da convocatoria a Asemblea do Consello Sectorial para tratar o PXOM.

Correo-e Imprimir PDF

De momento a Asemblea do Consello Sectorial non será convocada para discutir o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). A moción cara a unha convocatoria que fora presentada de forma conxunta polo PSOE e o BNG, foi votada en contra pola maioría popular no Pleno de Nigrán celebrada esta mañá.

Nigrán non quere o "botellón" e aplicará multas de ata 750€ aos infractores

Correo-e Imprimir PDF

sanxoan2008 8-A iniciativa persegue controlar o consumo de bebidas alcohólicas nos espazos públicos que "prexudiquen a convivencia cidadá e provoquen desfeitas no mobiliario urbano" afirman dende o Concello de Nigrán.

As agrupacións do Consello Sectorial convocan aos veciños de Nigrán a asistir ao próximo pleno.

Correo-e Imprimir PDF

As asociacións que forman parte do Consello Sectorial do PXOM de Nigrán chaman aos veciños de Nigrán a acudir ao próximo Pleno ordinario da corporación que se celebrará o vindeiro xoves 26 ás 10 horas.

O convite ten por obxectivo arroupar unha moción presentada conxuntamente por PSOE e BNG co xeito de instar ao alcalde Alberto Valverde a que convoque "sen excusas" o consello sectorial, dende a súa condición como presidente do órgano consultivo do documento urbanístico

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL