Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Veciños, familiares e amigos concéntranse hoxe en Camos para impedir que as máquinas do concello derruben a casa dunha familia

Veciños, familiares e amigos concéntranse hoxe en Camos para impedir que as máquinas do concello derruben a casa dunha familia

Correo-e Imprimir PDF
Veciños concéntranse ás portas da casa para impedir a chegada das máquinas
vivenda camos_derrube1
vivenda camos_derrube3
derrube vivenda_camos7
derrube vivenda_camos5
derrube vivenda_camos6
derrube vivenda_camos8
vivenda camos_derrube2
  • Anterior
  • 1 of 8
  • Seguinte

Santiago Piñeiro e Ana Taboada, recibiron o "impacto" de todo "o peso da lei" para executar a sentenza de derrubo que recae sobre a súa vivenda en Camos, construída sobre chan rústico.

A PAH do Vigo-Baixo Miñor, veciños e familiares e membros de varias formacións políticas acudiron á chamada da familia para impedir o derrube, nunha situación que consideran inxusta dado que a empresa aledaña que os denunciou conta tamén con todas as súas instalacións ilegais e situadas enriba dun elemento patrimonial como é o Castro da Tarela.

O concello de Nigrán tiña previsto acudir hoxe a primeira hora coa súa maquinaria á casa deste matrimonio con dúas fillas de Camos, e dar así por executada unha sentenza xudicial que obriga ao derrube desta vivenda familiar que carece de licenza municipal e aséntase sobre un chan rústico protexido.

O demandante é Rafael Costas, pai da edil de Persoal do goberno de Nigrán, Ana Rosa Costas Abalde. O empresario madeireiro posue un aserradeiro lindante á casa desta familia que tamén é ilegal. Pero sobre o que nin a xustiza nin o concello teñen teñen pensado actuar para restablecer a legalidade vixente. Concello e Xunta se afanan en salvagardar estas e outras empresas ilegais que salpimentan o concello, onde as súas instalacións foron levantadas sin licenza e en chans rústicos. 

O novo PXOM que prepara o goberno municipal, poría fin á ilegalidade deste aserradeiro, e buscarían deste xeito o encaixe legal definitivo. Algo que non servirá para salvar á situación da vivenda desta familia. A familia pediu ao concello tempo para que o Plan Xeral en fase de redacción, dera encaixe legal á casa. Pero o Concello non llo concedeu.

A semán pasada recibiron a carta do alcalde na que lles anunciaba a mala noticia. En declaracións á Voz de Galicia, a familia expresaba a súa negativa á abandoar a vivenda "Non temos previsto marcharnos, se nos tiran a casa montaremos unha caseta na leira, que é o único que nos queda, ou poremos unha tenda de campaña", afirmaba Santiago Piñeiro, "ou mesmo ímonos r a vivir á casa do propio alcalde" engadía a súa muller.

Os veciños mobilizáronse nestes días pegando papeliños por todo o concello facendo un chamamento de auxilio e para denunciar a inxustiza de non seren tratados en igualdade de dereitos.

O litixio entre a familia e os madereiro remóntase bastantes anos atrás, cando a familia denunciou ao empresario pola ampliación da nave, así como a caida de verquidos, gasoil, e o ruido das máquinas facíalles a vida imposible. Pero a xustiza deulle a batalla ao infractor madeireiro, que consciente de que os seus veciños tampouco tiñan licenza, contraatacou con outra denuncia que chegou ao seu termo final con esta sentenza de derrubo.

A situación desta vivenda non é illada, e Nigrán conta con centos de vivendas na mesma situación de ilegalidade, pero a destes veciños de Camos será a primeira en ser demolida.

 

Dim lights Embed Embed this video on your site