Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán non quere o "botellón" e aplicará multas de ata 750€ aos infractores

Nigrán non quere o "botellón" e aplicará multas de ata 750€ aos infractores

Correo-e Imprimir PDF
sanxoan2008 8

-A iniciativa persegue controlar o consumo de bebidas alcohólicas nos espazos públicos que "prexudiquen a convivencia cidadá e provoquen desfeitas no mobiliario urbano" afirman dende o Concello de Nigrán.

 

O goberno municipal de Nigrán aprobou no pleno de hoxe unha modificación da ordenanza de protección contra a contaminación acústica. Esta medida supón unha revisión da ordenanza existente, a cal permite adaptar dito texto ao novo marco normativo vixente no réxime disciplinario en materia de ruídos e contaminación acústica en Nigrán.

Entre os contidos desta ordenanza destaca o relativo a regulación do consumo de bebidas alcohólicas nos espazos públicos fóra dos lugares autorizados ou en grupo, "en aras de garantir unha axeitada ordenación das relacións de convivencia no termo municipal e o correcto uso dos espazos públicos, tipificando como infracción administrativa leve a vulneración do regulado no seu artigo 52.2.", sinala un comunicado informativo da administración.

Máis concretamente, o artigo 52.2 da lei –que en termos xerais regula a práctica do botellón- recolle a prohibición xenérica do uso ou consumo de bebidas alcohólicas fóra dos lugares autorizados, así como a agrupación de persoas en espazos públicos para o seu consumo. "A aplicación desta ordenanza condicionarase a causación de molestias a veciños e veciñas ou a destrozos dos espazos públicos ou do mobiliario urbano", sinalou o alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, quen engadiu que trátase dunha ordenanza dirixida a endurecer as medidas contra a práctica do botellón co fin de mellorar a calidade de vida e as relación de convivencia no termo municipal.

Sancións

A ordenanza tipifica a comisión deste tipo de actividades como infracción administrativa leve, o que tradúcese en multas de até 750 euros, "condicionadas polas circunstancias do responsable; a importancia do dano ou deterioro causado; o grao de dano ou molestia causado ás persoas, bens materiais ou ao medio ambiente; e a reincidencia ou participación na comisión deste tipo de actos", explica o rexedor municipal.

Maior seguridade

A aprobación desta revisión da ordenanza de protección contra a contaminación acústica e o ruído no termo municipal é complemento da recuperación da quenda nocturna da policía local, acadado o pasado verán polo goberno municipal nas primeiras semanas de mandato, sinalou Valverde. "As actuacións do turno de noite de policía local están a ser fundamentais para dotar ao municipio de normalidade e seguridad, especialmente nalgúns puntos concretos e na época estival, como pode ser a contorna de A Ramallosa", observou.

"Esta nova ordenanza, xunto coa labor realizada polo corpo de seguridade municipal, reducirán á mínima expresión posibles actos de destrozo do mobiliario público ou de alteración da tranquilidade e normalidade do día a día dos nosos veciños, na maioría dos casos provocados por un consumo excesivo ou inadecuado de alcohol", engadiu.