Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Socialistas e populares de Nigrán cruzan acusacións sobre as responsabilidades políticas do "botellón".

Socialistas e populares de Nigrán cruzan acusacións sobre as responsabilidades políticas do "botellón".

Correo-e Imprimir PDF
botellon-a-ramallosa-2
botellon-a-ramallosa-3
botellon-a-ramallosa-4
  • Anterior
  • 1 of 3
  • Seguinte

A menos de dous meses da aprobación da ordenanza contra o botellón en Nigrán, volve a rexurdir o debate político pola teima destes encontros n'A Ramallosa. Os socialistas acusan ao goberno local de incumprir as súas promesas de combater os "macro botellóns" e transformar a devandita zona nun " pobo onde é imposible o descanso dos veciños e veciñas". Pola contra, o alcalde Alberto Valverde, afirma que a Xunta Local de Seguridade constatou unha diminución das denuncias veciñais nos últimos meses, á vez que asegura que a "policía local puso en marcha una brigada de limpieza los domingos por la mañana, para paliar" as consecuencias do que denominou un "problema social".

O pasado 26 de xullo o goberno de Nigrán aprobou unha modificación da ordenanza de "Protección contra a contaminación acústica". Entre os contidos desta ordenanza regulábase o consumo de bebidas alcohólicas nos espazos públicos fóra dos lugares autorizados ou en grupo, "en aras de garantir unha axeitada ordenación das relacións de convivencia no termo municipal e o correcto uso dos espazos públicos", segundo o goberno. A norma que fixa multas de até 750 euros aos infractores, que segundo os socialistas, o goberno de Valverde non é "capaz de aplicar".

A Ramallosa é un espazo "restrinxido á cidadanía" os sábados pola noite, asegura o PSOE.

"O Parque de San Campio e o parque infantil son dende as 22,00h dos sábados espazos restrinxidos á cidadanía" sinalou o concelleiro do PSOE Juan González, nun comunicado. "O domingo amence na Ramallosa con botellas rotas, cristais, vasos e lixo que invaden as rúas de A Ramallosa e agora tamén o Parque Infantil e a arboleda de san Campio", agregou González, quen ilustrou as súas acusacións coas fotografías que acompañan este artigo tomadas o pasado domingo 16 ás 10 da mañá.

No mesmo escrito, González cualifica de "demagóxico e populista" ao alcalde Valverde por prometer dende a súa chegada ao goberno pór fin aos botellóns n'A Ramallosa.

Valverde pídelle ao PSOE que siga sacando fotos...

O rexedor Alberto Valverde rexeitou as críticas e acusacións dos socialistas co argumento "La última junta local de seguridad celebrada constató en los últimos meses una reducción tanto de las denuncias vecinales como de los expedientes remitidos a la subdelegación del gobierno vinculadas a esta zona del municipio". Feito que asegurou está constatado polos datos da Policía Local de Nigrán.

Nese senso, o rexedor defendeu unha vez máis a restitución da quenda nocturna da policía local, e agregou que a brigada de limpeza local que traballa os domingos pola mañá logra "paliar" as consecuencias deste "problema social".

Valverde admitiu que "Erradicar al 100% la práctica del botellón es complicado". Agregou que "Nos encontramos frente a un fenómeno social muy difícil de solucionar. Sin embargo, y aunque aún quede mucho trabajo por hacer, los hechos demuestran que las decisiones adoptadas por mi gobierno están dando resultado". Valverde acusou ao equipo de goberno do seu antecesor Efrén Juanes por ter permitido durante a súa xestión a aparición do botellón no municipio.

Finalmente desafiou :"El PSOE de Nigrán debería seguir sacando fotografías de la zona, para comprobar como dentro de unos meses la situación sigue mejorando, como lo ha hecho gracias a las medidas adoptadas por mi gobierno".