Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Socialistas denuncian novamente as desfeitas que deixa o botellón d'A Ramallosa.

Socialistas denuncian novamente as desfeitas que deixa o botellón d'A Ramallosa.

Correo-e Imprimir PDF

O concelleiro Juan González (PSOE-Nigrán) volve a denunciar ao alcalde Alberto Valverde por incumprir as "súas promesas e sigue permitindo os macro botellóns na Ramallosa". Nese senso afirmou que as desfeitas do botellón desta fin de semana, deixaron a súa pegada na Ponte Romana e o seu entorno. Sinala que eses espazos ademais do lixo habitual que deixan as resacas, enchéronse de botellas rotas, cristais e vasos.

 

O portavoz socialista púxose a disposición do goberno municipal para atopar "solucións efectivas" ao problema. Insistiu unha vez máis, que o botellón converta A Ramallosa "nun pobo onde é imposible o descanso dos veciños e veciñas".