Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Veciños ironizan cos danos do vandalismo e o botellón na Ramallosa como destino turístico

Veciños ironizan cos danos do vandalismo e o botellón na Ramallosa como destino turístico

Correo-e Imprimir PDF
Os veciños quéixanse da situación d'A Ramallosa a modo de anuncio turístico

Logo da última polémica de cruce de acusacións entre o PSOE e o PP local, os veciños de Ramallosa denuncian que seguen tendo os mesmos problemas de vandalismo nas noites dos sábados.

Os veciños recollen sinaturas para solicitar ao alcalde de Nigrán unha solución e denunciar os constantes danos que padecen semán tras semán nos últimos anos.

"Rir por non chorar" case podería ser o lema da campaña destes veciños que de xeito irónico pegaron carteis na rúa onde venden Ramallosa como "destino turístico do vandalismo e a borracheira". 

O problema do botellón volve a estar no candeleiro da disputa política, cando fai unhas semáns o representante dos socialistas de Nigrán, Juán González, denunciou a suciedade deixada polo botellón na alameda de San Campio en Ramallosa.

O goberno local pola súa banda defendeuse das acusacións cunhas estatísticas na man que aseguraban que o problema estaba prácticamente resolto, e se reducira considerablemente o número de incidencias logo da aprobación da ordenanza municipal "anti botellón" así como da posta en marcha do turno de noite da policía local. Unhas declaracións que foron desmentidas por veciños e pola propia policía local

Os veciños da Ramallosa saen agora ao paso deste cruce de acusacións, e sinalan a culpabilidade de ambos partidos políticos. Ao PSOE por non resolver o problema durante o seu mandato, e ao goberno actual do PP por non resolvelo na actualidade, e discrepan totalmente cos datos de normalidade arroxados polo alcalde Alberto Valverde.

Ramallosa, destino turístico

Os veciños ironizan nos seus carteis do enxurramento da rúa có lixo do botellón, carreiras de coches e motos, o perigo dos cristais rotos no parque público, desfeitas nos xardíns privados, a rotura de cristais e telefonillos, os berros e "cánticos do viño", así como as constantes mexadas, vomiteiras e pelexas.

Un problema de orde público.

En declaracións ao Faro de Vigo, os axentes sinalan sentirse "hartos" de que se lles responsabilice indirectamente dos actos vandálicos e os alborotos nocturnos. Aseguran que as incidencias víronse reducidas fai un ano con maior presenza policial ao longo da noite, pero que o único que se fixera foi desprazar o botellón dende o centro da Ramallosa cara á alameda. Os policías sinalan que xa non se lles pagan as horas extra, polo que lles resulta imposible reforzar os turnos de madrugada nos fins de semán.

O sindicato de CCOO defende tamén a versión dos policías e amosa o seu apoio e critica a instigación do PSOE neste senso dada a súa responsabilidade como goberno anterior.