Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

Nigrán acomete a restauración das "fernandinas" instaladas en toda a liña do litoral

Correo-e Imprimir PDF

operarios-via-y-obra-nigranA concellaría de Vías e Obras do Concello de Nigrán inicia a restauración e o pintado dos farois "fernandinas" instaladas en toda a liña do litoral entre Panxón e A Ramallosa. Con esta iniciativa permitirá recuperar un dos emblemas do municipio -afirman dende o Concello- e unha zona de gran afluencia tanto de locais como de visitantes, como é o paseo que conecta Panxón coa Ramallosa, pasando por Praia América e Monte Lourido.

O PSOE denuncia a privatización da balización de praias de Nigrán e o contrato asinado con SEGEM.

Correo-e Imprimir PDF

praia-panxon-portoO PSOE denuncia a adxudicación de 3 contratos por valor de máis de 24.000 euros á empresa privada SEGEM. 

A empresa encargarase da balización das praias para a tempada de verán de 2013, unha tarefa que según o lider da oposición,  durante o mandato socialista a realizaban operarios municipais.

Os operativos contraindencios da Xunta tardan 2 horas en chegar a un incendio en Priegue

Correo-e Imprimir PDF

O camión cisterna da Xunta tardou 2 horas en chegar ao incendio"Un golpe de sorte" e a actuación veciñal foi o que evitou non ter que lamentar danos maiores no incendio declarado na tarde do domingo en Priegue. 

A intervención dos veciños evitou a progagación do lume, ante a falta de medios da Xunta de Galicia para apagar o lume.

UCN-CDL denuncia máis obras ilegais na Estrada pola Vía con "fraude á facenda local".

Correo-e Imprimir PDF

muros-ilegais-po325Antonio Fernández Comesaña, portavoz do partido Unión Centrista de Nigrán-Centro Democrático Liberal (UCN/CDL), denuncia novamente a construción de novos muros ilegais en Praia América e Panxón, con motivo das obras do carril bici na PO-325 pola Vía. O concelleiro afirma que as mesmas "incumpren gravemente os retranqueos, aliñacións e altura establecidos na regulación urbanística en vigor.

A ruta de sendeirismo polo monte dos Mouros posponse por mal tempo

Correo-e Imprimir PDF

sendeiro mourosA concellaría de Turismo, Cultura e Deportes do Concello de Nigrán informa que a ruta de sendeirismo polo Carreiro Circular dous Mouros prevista para mañá martes 14 de agosto posponse para o próximo 4 de setembro polo prognóstico de fortes choivas previsto para mañá. Para máis información contactar coa Oficina de Turismo Dunas de Gaifar.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL