Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

As vivendas de Nigrán con menos de 3 vehículos sufrirán un aumento da taxa de vado por riba do 270% .

Correo-e Imprimir PDF

 

vado
As vivendas de Nigrán con menos de tres vehículos sufrirán un aumento do 270% para o 2013 da taxa municipal por entrada de vehículos a través de beira rúas (vados), trala modificación aprobada este xoves polo goberno municipal no Pleno. Dos 22,05€ por ano que se pagaba no 2012 por vivenda, pasará aos 59,64€/ano, segundo cálculos do informe de Intervención que acompaña a resolución. A medida foi aprobada pola totalidade dos concelleiros do goberno do PP, e rexeitada pola oposición que solicitou a través do PSOE non subir o imposto municipal

 

Nigrán renovará parte do parque de maquinaria de limpeza a través dun acordo con CESPA.

Correo-e Imprimir PDF

cespa2O Concello de Nigrán renovará parte do seu parque de maquinaria destinada á limpeza viaria e recollida de lixo, a través dun acordo coa empresa CESPA, concesionaria do servizo. A operativa foi acordada na comisión de contas do pasado venres, na que se informou que a operación , duns 300 mil euros que investirá CESPA, permitirá a incorporación de tres camións, dez equipos multiusos para limpeza viaria, beirarrúas e superficies verticais, así como novas papeleiras e colectores para o municipio.

A colaboración cidadá permite unha nova detención en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

A Policía Local de Nigrán detivo na tarde de onte a un home que responde ás iniciais P.L.M., baixo o cal recaía unha orde de procura, detención e ingreso en prisión ditada polo Xulgado do Penal número 3 de Vigo. Esta detención produciuse en coaboración coa Garda Civil, grazas á colaboración dun veciño que informou ao corpo de seguridade local que o detido, xunto con dúas persoas máis, estaba subtraendo un panel informativo municipal na Estrada pola Vía, á altura do restaurante A Costa de Claudia. Na parte traseira do vehículo, a Policía Local incautou unha machada e un bate de beisbol.

Valverde sacrificará axudas ás AA.VV. e partidas do arquivo e a casa municipal para acometer novas obras.

Correo-e Imprimir PDF

auditorio-nigranO alcalde de Nigrán, Alberto Valverde informou este venres que levará ao pleno de outubro unha modificación de crédito por un valor total de 17.500 euros ca fin de desenvolver obras en distintos eidos do municipio. Nomeadamente, o rexedor proponse mellorar a instalación eléctrica do local do Centro de Información ás Mulleres, rehabilitar o servizo eléctrico á Escola das Nenas e acometer arranxos e a homologación de seguridade do Parque Infantil de Parada.

Colectivos veciñais advirten que o PXOM de Nigrán está redactado sobre unha cartografía desactualizada.

Correo-e Imprimir PDF

urbanizacion-panxon-Trece colectivos integrantes do Consello Sectorial de Nigrán e mais o PSOE e o BNG piden ao alcalde un mes máis para estudar a documentación cun "clima axeitado", fóra do período electoral.

-Unha primeira análise da documentación do PXOM efectuada polas asociacións veciñais rebela unha cartografía desactualizada na meirande parte dos planos.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL