Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

Socialistas e populares de Nigrán cruzan acusacións sobre as responsabilidades políticas do "botellón".

Correo-e Imprimir PDF

botellon-a-ramallosa-2A menos de dous meses da aprobación da ordenanza contra o botellón en Nigrán, volve a rexurdir o debate político pola teima destes encontros n'A Ramallosa. Os socialistas acusan ao goberno local de incumprir as súas promesas de combater os "macro botellóns" e transformar a devandita zona nun " pobo onde é imposible o descanso dos veciños e veciñas". Pola contra, o alcalde Alberto Valverde, afirma que a Xunta Local de Seguridade constatou unha diminución das denuncias veciñais nos últimos meses, á vez que asegura que a "policía local puso en marcha una brigada de limpieza los domingos por la mañana, para paliar" as consecuencias do que denominou un "problema social".

O Concello de Nigrán destina 2.500€ a repartir entre 55 familias para becas de libros de texto infantís.

Correo-e Imprimir PDF

Alberto-ValverdeO Concello de Nigrán informa que destinou 2.500€ a través da Concellaría de Benestar co xeito de colaborar cás familias que solicitaron unha axuda para a compra de libros de texto infantís cara os cursos 2012 - 2013. Segundo o anuncio emitido este martes 11 de setembro dende a administración, serán 55 as familias que poderán beneficiarse desta beca, que aportará 45.45€, a cada solicitante. O organismo municipal, sinalou que este ano a cifra duplica a consignada en 2011, por valor de 1.200€, que foi outorgada a 25 familias, a razón de 48€ a cada unha.

UCN-CDL pon reparos na instalación dunha gasolineira en Porto do Molle e valora positivamente a chegada de Mercadona.

Correo-e Imprimir PDF

zona-fracaO Concelleiro Antonio Fernández Comesaña manifestou esta tarde a súa preocupación pola posible instalación dunha gasolineira no Parque Empresarial de Porto do Molle. Nomeadamente, o edil por UCN-CDL, entende que o obxectivo deste complexo é o de albergar empresas "limpias y no contaminantes". Pola contraria, o concelleiro valorou positivamente o interese de Mercadona pola súa pegada na creación de postos de traballo tanto no municipio como na bisbarra.

ANOVA reclama a reposición inmediata da lousa desfeita no cemiterio de San Fiz, en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

tumba-desfeitaA agrupación no Val Miñor de ANOVA – Irmandade Nacionalista solicitou esta tarde a "reposición urxente da lousa que cubría a tumba onde foron soterrados en 2010 os restos dun home non identificado, pero do que se pensa era veciño de Nigrán". A tumba localizada no cemiterio civil de San Fiz foi obxecto dunha desfeita denunciada o pasado venres pola noite.

Aparece desfeita a tumba dun represaliado polo franquismo no cemiterio de San Fiz en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

tumba-desfeitaA tumba onde foran soterrados en 2010 os restos do veciño de Nigrán -aínda sen identificar- atopado polo Instituto de Estudos Miñoranos nas fosas de San Xián apareceu coa chapa de cobertura desfeita, no cemiterio civil de San Fiz. O feito foi denunciado polo concelleiro Juan González (PSOE), quen asegurou que trátase dunha "profanación". Nese senso advertiu que "Ese espazo, onde descansan os restos deste veciño de Nigrán á espera de que algún día os seus familiares poidan recuperalos, foi profanado e desfeito por persoas sen ningún tipo de moralidade."

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL