Domingo, 28 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Aparece desfeita a tumba dun represaliado polo franquismo no cemiterio de San Fiz en Nigrán.

Aparece desfeita a tumba dun represaliado polo franquismo no cemiterio de San Fiz en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
tumba-desfeita
tumba-2010
entrega-restos-joaquin
juan-gonzalez-entrega-resto
  • Anterior
  • 1 of 4
  • Seguinte

A tumba onde foran soterrados en 2010 os restos do veciño de Nigrán -aínda sen identificar- atopado polo Instituto de Estudos Miñoranos nas fosas de San Xián apareceu coa chapa de cobertura desfeita, no cemiterio civil de San Fiz. O feito foi denunciado polo concelleiro Juan González (PSOE), quen asegurou que trátase dunha "profanación". Nese senso advertiu que "Ese espazo, onde descansan os restos deste veciño de Nigrán á espera de que algún día os seus familiares poidan recuperalos, foi profanado e desfeito por persoas sen ningún tipo de moralidade."

A persoa soterrada aínda sen identificar, atopábase xunto co cadáver de Juaquín Iglesias Portela, carpinteiro e concelleiro de Nigrán durante a República, nunha fosa común no cemiterio de San Xián. Ambos os dous, vítimas dunha execución sumaria das forzas franquistas en febreiro de 1937. Os corpos foron atopados polos arqueólogos do IEM nun traballo de exhumación que tamén descubriu outra fosa común, a poucos metros, cos restos de tres veciños de Gondomar: Abilio Araújo Losada, Manuel Prudencio do Rosario e doutra persoa tamén sen identificar, aínda que se presume que trátase de Manuel ou Jesús "O palero de Laurena".

O 27 de novembro de 2010 realizouse una exposición no salón de plenos da casa do Concello de Nigrán con motivo da entrega dos restos do ex concelleiro durante a República, Joaquín Iglesias Portela á súa familia para que foran soterrados no cemiterio de San Pedro d'A Ramallosa.

Os restos do segundo cadáver atopado na Fosa-2 de San Xián e non identificado, que segundo a tradición oral, tamén era veciño de Nigrán, foi soterrado no cemiterio civil de San Fiz de Nigrán ás 13h dese mesmo día.

O concelleiro González, tamén historiador e autor de varios libros e artigos sobre a represión franquista no Val Miñor, opinou que "É absolutamente necesario que dende as administración respectemos o noso pasado, a nosa cultura e a memoria das persoas maiores que foron quenes construíron o Nigrán no que hoxe vivimos".

Nese senso afirmou que " O respecto e a educación son fundamentais para a convivencia e polo tanto pedimos ao Alcalde de Nigrán que tome as medidas necesarias para repor este atentado contra un espazo público e a súa vez tome as medidas necesarias para que non volvan a ocorrer feitos tan lamentables".