Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

Charla de educación vial para pais e nais no Concello de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

A concellaría de Educación e a de Tráfico do concello de Nigrán, a través da Xefatura Provincial de Tráfico de Pontevedra e en colaboración coa Policía Local de Nigrán, organizou nas últimas semanas charlas informativas cos estudantes de infantil e primaria dos diferentes centros escolares de Nigrán. Estas sesións formativas centráronse nas condutas peonís seguras, a utilización do cinto de seguridade e dos distintos sistemas de retención infantil, a faceta de viaxeiro no vehículo familiar, as boas prácticas no autobús escolar e o uso da bicicleta como elemento de transporte.

O alcalde de Nigrán acada apoios en Madrid para os proxectos xa iniciados nos espazos naturais do litoral.

Correo-e Imprimir PDF

Reunion-Director-General-deO alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, reuniuse onte no Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente co director xeral de Sustentabilidade da Costa e o Mar, Pablo Saavedra, co fin de retomar os proxectos de reordenación dos espazos públicos de Praia América e a reordenación do litoral nigranés, que incide en diferentes fases en Prado, Patos e Monteferro.

O Concello de Nigrán proxecta asfaltar catro rúas da Ramallosa pavimentadas con pedra con cargo ao PlanE.

Correo-e Imprimir PDF

-O proxecto reaviva unha polémica entre populares e socialistas que ven dende o 2009 sobre a reestruturación da Ramallosa.

O alcalde Alberto Valverde anunciou este venres a súa intención de trocar por asfalto catro rúas da Ramallosa pavimentadas actualmente con granito polo anterior goberno de Efrén Juanes con cargo ao PlanE. A obra de máis de 30 mil euros de custe, afectará as rúas Romana Baixa, Damas Apostólicas, Camiño da Cabreira e Tomadas. "Pavimentando estas calzadas reduciremos de forma considerable los gastos de mantenimiento de los mismos", sinalou Valverde.

O CDL de Nigrán cuestiona que o PXOM poda ser aprobado no que resta do presente mandato municipal.

Correo-e Imprimir PDF

MonteferroO portavoz da formación Unión Centrista de Nigrán-Centro Democrático Liberal, Antonio Fernández Comesaña, mostrouse moi escéptico de que o PXOM poida ser aprobado no que resta do mandato, dado que os cambios introducidos "son moi relevantes e modifican substancialmente o documento, cambiando o modelo de crecemento exposto no PXOM que foi informado pola Xunta", sinalou.

Sae a venda a totalidade do chan dispoñible en Porto do Molle financiado en dez anos.

Correo-e Imprimir PDF

image3 big
-O Consorcio da Zona Franca saca á venda a totalidade das parcelas do parque empresarial Porto do Molle e facilita aprazar o pago ata en dez anos.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL