Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

Para UCN-CDL o novo PXOM que tramita o goberno de Nigrán "acabará no caixón dos recordos".

Correo-e Imprimir PDF

mapa-solo-pxom-nigran-O portavoz Fernández Comesaña cuestiona a viabilidade técnica e económica do Plan Xeral de Ordenamento Municipal (PXOM) de Nigrán que prevé un 76% da súa financiación entre a Xunta e o Estado "sen que estea avalado por ningún compromiso firme de ambas as dúas administracións".

-UCN-CDL denuncia a expropiación de 200 mil m2 en Parada e Panxón no novo PXOM de Nigrán.

-Agrega que o PXOM está baseado nunha cartografía "antiga e sen actualizar, que non recolle a realidade do municipio"

Nigrán anuncia que acende as súas luces do Nadal cunha redución do gasto superior a un 16 %.

Correo-e Imprimir PDF

auditorio-nigran-O Concello anuncia que reduce en 2000 euros o investimento co relación a anos anteriores.

-A pesar desta redución, "o alumado chegará a todas as parroquias do municipio" sinalan dende a alcaldía.

O PSOE denuncia o verquido dun fluído verde fluorescente na Foz do Miñor

Correo-e Imprimir PDF

Un fluído pastoso tinxiu de cor verde o río Miñor - Foto: PSOE Nigrán
O PSOE denuncia ante o Seprona o verquido dunha sustancia verde fluorescente e viscosa na Foz do Miñor que presumiblemente podería ser líquido anticonxelante,

As imaxes foron tomadas o pasado luns día 3 de decembro nun punto de verquido contínuo que se atopa ao carón da ponte románica da Ramallosa.

Ningún dos gobernos municipais de Nigrán foron quen, ate o momento, de por fin a este punto de verquido na Foz do Miñor, un dos máis visibles e chamativo dada a súa situación.

Os condenados pola protesta contra o PXOM en 2006 están sendo visitados pola policía a instancias do xulgado

Correo-e Imprimir PDF

Protesta veciñal no pleno que pedía o aprazamento do PXOM en 2006Tal e como informou valminor.info, os condenados polos incidentes do 2 de xuño de 2006, na protesta diante do concello para impedir a aprobación inicial do PXOM de Nigrán, están sendo novamente identificados e localizados pola policía local de Nigrán.

O alcalde despexou, no pleno, a incógnita sobre a instancias de qué organísmo estábanse a realizar estas identificacións.

A resposta a deu o propio alcalde de Nigrán no último pleno, ante a pregunta do portavoz do socialistas, Juan González.

Nigrán investirá 5.500€ na definitiva posta en marcha do saneamento da parroquia de Chandebrito.

Correo-e Imprimir PDF

-Valverde acusa ao anterior goberno municipal do PSOE de" deixar inoperativa unha inversión de 600 mil euros", que implicou unha demora de catro anos nas conexións ao sistema por parte dos veciños.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL