Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán investirá 5.500€ na definitiva posta en marcha do saneamento da parroquia de Chandebrito.

Nigrán investirá 5.500€ na definitiva posta en marcha do saneamento da parroquia de Chandebrito.

Correo-e Imprimir PDF

-Valverde acusa ao anterior goberno municipal do PSOE de" deixar inoperativa unha inversión de 600 mil euros", que implicou unha demora de catro anos nas conexións ao sistema por parte dos veciños.

 

O goberno municipal de Nigrán anuncia que porá en marcha as infraestruturas de saneamento na parroquia de Chandebrito, máis concretamente, as estacións de bombeo de augas residuais localizadas en Roteas, Tomadas e Rosadas. Esta actuación, valorada en 5.500 euros, resolverá -segundo o rexedor -"unha situación herdada do goberno anterior, que por deixamento dos seus responsables políticos deixou inoperativa unha actuación de máis de 600.000 euros". Alberto Valverde adianta que o prazo de execución das obras será dun mes desde o comezo das mesmas.

O goberno municipal acometerá esta actuación tras o estudo dun informe presentado pola concesionaria do servizo municipal de augas, integrada pola UTE Aqualia-FCC Nigrán, do que se desprenden múltiples solicitudes de conexión ao servizo de saneamento realizadas polos veciños desta parroquia.

Segundo informou o alcalde, "os veciños de Chandebrito levan desde fai catro anos sen poder conectarse á rede de saneamento, tal e como deberían poder facer segundo recolle o artigo 7 da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación destes servizos", explica rexedor municipal.