Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

O novo PXOM de Nigrán favorece a un empresario condenado por delitos urbanisticos

Correo-e Imprimir PDF

Imaxe aérea da empresa Prefabricados Luis Barros S.L.

O coordinador local de EU en Nigrán Xosé Cuevas denuncia que, segundo a última documentación á que tivo acceso, o novo PXOM de Nigrán favorece a un empresario recentemente condenado por un delito contra a ordenación do territorio.

O portavoz de EU refírese á fábrica de prefabricados Luis Barros, S.L. situada na zona de Paradellas en Nigrán. O empresario foi condeado en febreiro deste ano a 1 ano de cárcere por ampliar esta fábrica en terreos rústicos e forestais e por carecer der licenza de actividade, entre outros delitos.

Cuevas sinala que o goberno municipal pretende legalizar as obras ilegais  en vez de demolelas.

A partir do próximo mes de xaneiro o concello de Nigrán recupera a tramitación do DNI

Correo-e Imprimir PDF

auditorio-nigran-O 29 e 31 de xaneiro serán as primeiras datas nas que o equipo móbil da policía nacional estará en Nigrán.

O concello de Nigrán recupera a partir do próximo mes de xaneiro a tramitación do Documento Nacional de Identidade nas súas dependencias. Un equipo móbil da policía nacional traballará no municipio durante dous días outorgando 60 números na primeira xornada onde terá lugar a primeira face de expedición do DNI e o segundo día finalizarán o proceso completo

UCN denuncia que Nigrán ten o imposto de construcción máis caro de Galicia

Correo-e Imprimir PDF

panxon-casas-Os custes das licencias en Nigrán duplican e ata triplican os da veciña cidade de Vigo segundo cifras aportadas polo concelleiro Fernández Comesaña.

O gobernante Partido Popular de Nigrán non deu lugar durante o pleno celebrado este venres a unha moción que pretendía baixar o custe das licencias de construción e prezos medios de obra nova e de reforma entre un 50% e un 80%, presentada polo concelleiro Antonio Fernández Comesaña (UCN-CDL). A iniciativa baseaba o seu reclamo na "elevada presión fiscal que teñen que soportar os veciños de Nigrán á hora de solicitar unha licenza de obras", da que os centristas responsabilizan ao anterior goberno bipartito (PSOE-BNG) por subirllas en outubro de 2009 en máis dun 350%.

A partir do día 2 de xaneiro poderase tramitar o cambio de domicilio nos permisos de condución e circulación en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

sinatura-dgt-nigranOs veciños de Nigrán poderán realizar a partir do 2 de xaneiro a tramitación do cambio de domicilio nos seus permisos de condución e circulación sen necesidade de desprazarse á Xefatura de Tráfico de Vigo. Así informou onte o alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, tras facer efectiva a firma do convenio de colaboración entre a FEMP e a DGT, ao que desde hoxe se adhire o Concello de Nigrán. Os interesados poderán realizar este trámite na sede da Policía Local de Nigrán, sen ter que desprazarse á Xefatura de Tráfico de Vigo para levalo a cabo.

Augas de Galicia abre un expediente ao concello de Nigrán polos verquidos na Foz do Miñor

Correo-e Imprimir PDF

 

Punto de verquido nunha foto de arquivo de xuño de 2007 - Imaxe: valminor.info
Augas de Galicia confirma que o líquido verde aparecido en Ramallosa, é un líquido trazador para identificar os puntos de verquido pero desminte que haxa ningunha colaboración ou programa de actuación en marcha co concello de Nigrán.

Alberto Valverde xustificaba fai dúas semanas e culpaba do verquido ao anterior goberno por unha mala execución das obras de humanización da Ramallosa no ano 2010 con cargo ao PlanE.

A xustificación dada polo alcalde de Nigrán queda en evidencia ante as fotografías realizadas por valminor.info no mesmo punto de verquido en xullo de 2007, tres anos antes das obras do PlanE.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL