Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

65.000€ para a colocación das novas duchas re-pago dos areais de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

O concello recadará un imposto polo uso das duchas públicas nas praiasO portavoz de UCN vota en contra da proposta de colocar un sistema de duchas de tarxeta pre-pago nos areais de Nigrán.

O concello pretende con esta medida racionalizar o usa da auga nas duchas e lavapés públicos.

Fernández pon en dúbida a efectividade da medida dada a incomodidade do procedemento de pago así como o elevado custe que terán as citadas duchas intelixentes que rondará os 65.000€.

O Camiño do Poutón, intransitable dende 2011

Correo-e Imprimir PDF

Camiño do PoutónO PSOE de Nigrán volve a solicitar ao concello o fin das obras do Camiño do Poutón e que volva a ser practicable par aos veciños do Barrio da Cabreira e S. Pedro.

Os socialistas culpan ao actual concelleiro de vías de obras, Jose Álvarez, de opoñerse ás obras no ano 2011 pola oposición exercida dende a Asociación "A Uníón" cando era presidente da mesma.

A oposición acusa a Valverde de aprazar o pleno de Nigrán por “medo” ás protestas dos afectados polas preferentes.

Correo-e Imprimir PDF

Remata o mes de marzo e Nigrán aínda non celebrou o seu pleno ordinario. A oposición responsabiliza ao alcalde popular Alberto Valverde pola omisión e alerta que a demora deixa sen orzamentos ao municipio e sen base legal á entrega dos Premios Nigrán 2013, entre outros temas pendentes.

Dende o PSOE especulan que o rexedor ten "medo" a unha nova irrupción dos veciños estafados polas preferentes e subordinadas, e que por iso non convocou tan sequera á Comisión Informativa. Para a UCN-CDL, simplemente a actitude de Valverde non fai mais que confirmar a "prepotencia" coa que goberna o PP de Nigrán que unha vez máis "volve a saltarse á torera as normas".

Denuncian a construción sen licenza e en terreos protexidos dunha caseta de Unión Fenosa en Praia América.

Correo-e Imprimir PDF

caseta-union-fenosa-p-ameri-O concelleiro Antonio Fernández Comesaña (UCN-CDL,) denuncia a construción dunha caseta de transformación realizada por Unión Fenosa, en terreos destinados a zona verde e sen licenza, en Praia América.

O Concello de Nigrán dá a coñecer os ganadores do Premio Nigrán 2013.

Correo-e Imprimir PDF

-As Escolas Proval, a Fundación Manela, o Racing Vilariño, o Club de Bolos a Carrasca e dúas empresas do municipio reciben o recoñecemento dos premios Nigrán 2013.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL