Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán 65.000€ para a colocación das novas duchas re-pago dos areais de Nigrán

65.000€ para a colocación das novas duchas re-pago dos areais de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
O concello recadará un imposto polo uso das duchas públicas nas praias

O portavoz de UCN vota en contra da proposta de colocar un sistema de duchas de tarxeta pre-pago nos areais de Nigrán.

O concello pretende con esta medida racionalizar o usa da auga nas duchas e lavapés públicos.

Fernández pon en dúbida a efectividade da medida dada a incomodidade do procedemento de pago así como o elevado custe que terán as citadas duchas intelixentes que rondará os 65.000€.

Antonio Fernández sinalou onte nun comunicado a súa disconformidade coa medida e deu a coñecer o seu voto voto en contra na Comisión Informativa de Facenda celebrada onte, para a proposta do goberno local da aprobación dunha ordenanza fiscal reguladora da "taxa por la prestación de un servicio de duchas y lavapiés", que contempla uns prezos de  0,50 euros (10 min.)  1€ (20 min.) e 2€ (40 min.).

Fernández pon en dúbida o éxito da proposta. Por un lado sinala que o elevado custe do remplazo das actuais duchas qe ascende a 65.000 euros será inferior ao aforro do consumo. Por outra banda apunta que o procedemento de adquisición das tarxetas pre-pago dispoñibles só nas dáus oficinas de turismo e no concello suporán outro atranco para turistas e veciños que decidan desfrutar dos areais de Nigrán. "Sabe o Alcalde, en canto tempo amortizarase o investimento polo aforro no consumo?".

Fernandez augura que as duchas poderían ser vítimas dos actos de vandalismo o que suporá máis gastos no seu mantemento e reposición, afondando máis na deficiencia da medida. "é unha medida de cara á galería, e pouco efectiva, xa que se de verdade o que persegue o alcalde é o aforro no consumo da auga, o primeiro que tería que facer é cambiar o sistema de tarifas da ordenanza do servizo domiciliario de abastecemento augas  -tal e como propuxo o noso grupo en varias ocasións-, pasando de bloques e mínimos actuais, por outro que recolla a facturación por consumo real, xa que unha vivenda paga actualmente 60m3/trimestre, por auga consumida ou non, o que en certa medida convida ao malgasto; situación ben distinta, se cada vivenda pagase polo seu consumo real, entón sí que se faría un uso responsable no consumo da auga."

Fernández apunta a realizar un maior control sobre a empresa concesionaria do servizo Aqualia, xa que as reparacións de avarías na rede de abastecemento, tardan días e semanas, en ser reparadas co conseguinte malgasto de auga que con toda seguridade supera ó malgasto das duchas da praia.