Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

O Pleno de Nigrán emite unha declaración conxunta a favor dos afectados polas preferentes e obrigacións subordinadas.

Correo-e Imprimir PDF

preferentes-caixa-gondomarO Pleno de Nigrán aproba unha moción a prol do "desbloqueo dos produtos financeiros de Nova Galicia Banco" e insta "ás institucións competentes" a seguir a vía do arbitraxe de consumo para resolver tódolos casos das persoas damnificadas coa venda de preferentes e obrigacións subordinadas.

O BNG de Nigrán critica a baixada de tributos ligados á construción votada no Pleno.

Correo-e Imprimir PDF

IMAG0003-Os nacionalistas opóñense á rebaixa dun 15% a un 20% (segundo módulos) aprobada polo Pleno de Nigrán do mes de decembro, ao imposto de construcións e á taxa por licenzas de obra.

-" Non pretendemos discutir a adecuación dos módulos aos valores reais de mercado, pero si o obxectivo final que se persegue", sinalou o portavoz Xavier Rodríguez, no senso que a medida beneficiará ao seu entender aos promotores inmobiliarios nun momento onde se carga impositivamente ao resto da poboación.

UCN lamenta a utilización partidista das "promesas de emprego" por parte de PP e PSOE

Correo-e Imprimir PDF

 

Edificio do centro de iniciatias empresariais de Porto do MolleO portavoz municipal de UCN-CDL, acusa a PP e PSOE de utilizar de xeito partidista as "promesas e expectativas de emprego" en Porto do Molle.

UCN fala de fracaso na posta en marcha do parque empresarial onde apenas 50 persoas traballan actualmente logo de dous anos de actividade.

Sete veciños da bisbarra en situación de desemprego irromperon con pancartas no Pleno de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

parados nigranSete veciños da comarca, en situación de desemprego, protestaron está mañá ante o Pleno do Concello de Nigrán solicitando unha solución para os case 5000 parados da bisbarra. Reprochan ao alcalde de Nigrán o compromiso electoral da creación de empregos para Nigrán no novo parque empresarial de Porto do Molle. O PSOE de Nigrán presentou unha moción de urxencia neste sentido na sesión , pero foi rexeitada a súa urxencia e non foi debatida no Pleno.

Sesenta persoas tramitan o seu DNI na oficina móbil instalada en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

tramitacion-dni-nigranO Concello de Nigrán recuperou este martes a tramitación do DNI nas dependencias municipais. As 60 citas previstas para o mes de xaneiro foron totalmente tramitadas. A administración local anuncia que a partir do vindeiro venres e durante todo o mes de febreiro xa se poderá solicitar número na policía local cara a segunda quenda que terá lugar o día 18 de marzo.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL