Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Sesenta persoas tramitan o seu DNI na oficina móbil instalada en Nigrán.

Sesenta persoas tramitan o seu DNI na oficina móbil instalada en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
tramitacion-dni-nigran

O Concello de Nigrán recuperou este martes a tramitación do DNI nas dependencias municipais. As 60 citas previstas para o mes de xaneiro foron totalmente tramitadas. A administración local anuncia que a partir do vindeiro venres e durante todo o mes de febreiro xa se poderá solicitar número na policía local cara a segunda quenda que terá lugar o día 18 de marzo.

 

O alcalde Alberto Valverde amosou a súa satisfacción polo éxito deste primeira xornada de tramitación do DNI en dependencias municipais. E lembrou que os convenios de colaboración coa FEMP e a DGT , tamén permitirán aos veciños de Nigrán realizar o troque dos domicilios nos permisos de condución e circulación no concello.