Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán solicita a posibilidade de tramitar o DNI no municipio.

Nigrán solicita a posibilidade de tramitar o DNI no municipio.

Correo-e Imprimir PDF
dni-electronico

O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, reuniuse hoxe co novo delegado do goberno en Pontevedra, Antonio Coello, na capital da provincia. A tramitación do DNI electrónico en Nigrán e unha maior colaboración da Garda Civil coa Policía Local para manter a orde e a seguridade en determinados puntos do municipio foron os principais asuntos abordados neste encontro.

 

O rexedor municipal solicitou a Coello colaboración para pór en marcha coa maior celeridade posible a tramitación do DNI en Nigrán. "Non é aceptable que Nigrán non ofreza este servizo aos seus cidadáns, cando localidades veciñas con características demográficas similares como Gondomar ou Baiona si o teñen", aseverou Valverde.

Seguridade

Neste eido o rexedor municipal explicou ao delegado do goberno na provincia a situación actual das forzas de seguridade en Nigrán, as súas necesidades e as súas carencias, requirindo a colaboración da Garda Civil coa Policía Local de Nigrán para garantir a orde e a seguridade no municipio, especialmente naqueles puntos potencialmente conflitivos en determinados períodos do ano.