Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

O Concello de Nigrán só presenta alegacións contra a suspensión do servizo de transporte a Chandebrito.

Correo-e Imprimir PDF

auditorio-nigranO Concello de Nigrán presenta alegacións contra a suspensión do servizo de transporte público que afecta á parroquia de Chandebrito. Nembargante, o escrito presentado o pasado venres 8 de febreiro ante a Xunta de Galicia, non fai mención ao resto das supresións de servizos previstas por ATSA e que repercuten noutras zonas do municipio e da bisbarra do Val Miñor.

A asociación Chandebrito 1807 presenta alegacións contra os recortes do servizo de ATSA na parroquia

Correo-e Imprimir PDF

O informe de re-estructuración do servizo de ATSA deixaría a Chandebrito illado.A Asociación "Chandebrito 1807" presentará alegacións para que a Xunta denegue a proposta de reestruturación da concesión do servizo de transporte público por estrada en Chandebrito, presentada pola empresa ATSA, pola que se deixaría a esta parroquia sen servizo algún (na actualidade existe un servizo a Vigo ás 7.00 e outro a Nigrán ás 8.00 horas da mañá).

Actualmente o Servizo de Mobilidade de Pontevedra, someteu a trámite de información pública dende o 31/01/2013 o expediente de reestruturación da concesión de servizo público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7008; XG-382, A Guarda-Vigo-A Guarda, con anexos.

O barrio do Con de Parada, leva tres días a escuras

Correo-e Imprimir PDF

O camiño do Con, en Parada, totalmente a escuras. Imaxe - VIA TVOutro veciño de Nigrán protesta ante as cámaras de VIA TV pola situación da súa parroquia. Neste caso o motivo é a escuridade absoluta do barrio do Con, na parroquia de Parada.

Os veciños queixánse da situación pola imposibilidade de poder camiñar polas noites neste barrio de Nigrán por atoparse na máis abosluta escuridade. O motivo, o fallo do sistema de alumeado público.

Veciño de Panxón denuncia a pasividade do concello e a Xunta ante o desprendemento da calzada.

Correo-e Imprimir PDF

O veciño acudiu ás cámaras de VIA TV ante a pasividade das adminsitracións - Imaxe: VIA TVUn veciño de Panxón acude ás cámaras de VIA TV para denunciar a pasividade do Concello de Nigrán e a Dirección Xeral de Costas nun desprendemento da calzada na estrada de Area Fofa nos cantís de Monteferro.

Denuncia que leva 15 meses reclamando unha solución ao problema sen chegar a ningún compromiso por parte das administración que "se pasan la pelota unos a otros".

A rebaixa das taxas urbanísticas en Nigrán é cualificada como unha "hipocrisía" do PP por UCN-CDL.

Correo-e Imprimir PDF

ucn-cdlO concelleiro Antonio Fernández Comesaña (UCN-CDL) volveu a cargar contra o alcalde Alberto Valverde e o PP aos que chamou hipócritas por aprobar "unha mínima redución do 15 e 20% -no último Pleno- na taxa e imposto de licenzas urbanísticas, mentres recoñece un brutal incremento por parte do PSOE-BNG no ano 2009". Tamén sinala ao goberno bipartito do PSOE -BNG de aplicar un incremento do 350% que penalizaba ás familias humildes.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL