Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A rebaixa das taxas urbanísticas en Nigrán é cualificada como unha "hipocrisía" do PP por UCN-CDL.

A rebaixa das taxas urbanísticas en Nigrán é cualificada como unha "hipocrisía" do PP por UCN-CDL.

Correo-e Imprimir PDF
ucn-cdl

O concelleiro Antonio Fernández Comesaña (UCN-CDL) volveu a cargar contra o alcalde Alberto Valverde e o PP aos que chamou hipócritas por aprobar "unha mínima redución do 15 e 20% -no último Pleno- na taxa e imposto de licenzas urbanísticas, mentres recoñece un brutal incremento por parte do PSOE-BNG no ano 2009". Tamén sinala ao goberno bipartito do PSOE -BNG de aplicar un incremento do 350% que penalizaba ás familias humildes.

O portavoz da formación centrista, abstívose na votación desta moción no último pleno, por entender que aínda que estaba a favor dunha redución dos tributos, sotiña que a mesma debía roldar entre o 50% e 80% para atender a realidade que viven as familias e o sector da construción no municipio.

Lembrou que a suba das taxas efectuouse durante o goberno do PSOE-BNG en 2009, e significou un "incremento brutal de máis dun 350%". O que entende, rematou castigando ás familias máis humildes. Nese senso, afirmou que dende o goberno de Efrén Juanes, se penaliza ás vivendas unifamiliares ata 150 m2, "coa valoración máis alta a razón de 1.183,52 €/m2".

Cos actuais prezos - sinala- "agora pasarán a pagar por unha licenza urbanística 3.200€, fronte aos 1.215€ que se estipulaba ata o 2009 (163% incremento), mentres chales de máis de 400 m2 de familias con máis poder adquisitivo, incompresiblemente redúcese a 990,84€/m2, cando en Vigo con máis coherencia aplican valores de 360,61 e 601,01€/m2 respectivamente, xusto o contrario".

Fernández Comesaña acusa ao rexedor de ter perdida unha boa oportunidade para cambiar esta realidade. Pola contraria, sostén que "o PP optou unha vez máis por aplicar unha política miope e de corto percorrido", ao negarse a apoiar a iniciativa da UCN-CDL.

" Non viría nada mal que de cando en vez copiasen a dirixentes do seu partido, como a ministra de Fomento que acaba de propoñer unha rebaixa do 70% nas tarifas do AVE, para conseguir encher os trens", concluíu.

Notas relacionadas