Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O Concello de Nigrán anuncia o saneamento das contas municipais e adianta axustes para os próximos meses.

O Concello de Nigrán anuncia o saneamento das contas municipais e adianta axustes para os próximos meses.

Correo-e Imprimir PDF
auditorio-nigran

"Nigrán cierra el ejercicio económico de 2011 con las cuentas saneadas", anunciou nesta xornada a administración local. Nese senso, a través dun comunicado informa que o último exercicio deixou un saldo positivo de 235.631€ e un remanente de Tesourería de 404.000€. Nembargante o alcalde Alberto Valverde anunciou que " ante el empeoramiento de las previsiones económicas globales del país" o Concello se verá obrigado a facer "pequeños ajustes en algunas de las partidas de gasto"

Agrégase no comunicado que o devandito remanente de Tesourería en 2008 situábase nunha cifra negativa de 4,4 millóns de euros, cifra agora reducida dez veces, segundo o informe oficial. Logro que o Concello adxudica á "correcta gestión económica y financiera del gobierno local", unida ao Plan de Saneamento Económico desenvolvido polo acordo PSOE - PP durante o mandato de Efrén Juaes (PSOE 2007 - 2011) e agora sostido en solitario polo PP, segundo Valverde, pola ruptura do acordo "en el presente mandato con la desvinculación por parte del principal grupo de la oposición".

Pago a provedores.

Así mesmo, o rexedor municipal lembrou que o goberno municipal actual acordou abonar este ano todas as facturas con provedores pendentes desde 2007, mediante un recoñecemento extraxudicial de crédito cuxa contía ascendeu a 200.000 euros, "y lo hemos hecho sin tener que acudir a ninguna operación de préstamo, lo que nos permitió declarar deuda cero ante el Ministerio de Hacienda el pasado mes de marzo" engadiu.

Recortes nalgunhas partidas de gastos.

No mesmo anuncio desta tarde, Valverde advertiu que ante o empeoramento da economía española prevista para os próximos meses, o seu goberno municipal debera realizar "pequeños ajustes" nalgunhas partidas de gasto. "Unos ajustes que en ningún caso afectarán a las políticas sociales municipales ni al mantenimiento de los servicios públicos", prometeu.

Coa frase "Hacer más con menos", Valverde indicou que a boa saúde das arcas municipais só poderán sosterse con "reajustes y una reducción del gasto", insistindo nunha política económica "austera y de gestión eficiente y eficaz".