Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán EU de Nigrán denuncia que o Concello ainda non presentou a liquidación das contas de 2011

EU de Nigrán denuncia que o Concello ainda non presentou a liquidación das contas de 2011

Correo-e Imprimir PDF
auditorio-nigran

 

Salvo o concello de Valga, ningún concello da provincia de Pontevedra presentaron ainda as súas contas do ano 2011

O comunicado feito público por Esquerda Unida de Nigrán, denuncian que o Concello non presentou á liquidación das contas do ano de 2011 e que non solicitou o aprazamento.

A información así figura no informe do Consello de Contas que se pode consultar por internet. Segundo sinala EU, esta situación non e nova e xa se repetiu en anos anteriores e por segunda vez na actual etapa de goberno, feito tamén denunciado por EU.  

A liquidación do orzamento do ano 2011 debería estar confeccionada nos dous primeiros meses de 2012, finalizando o prazo para a súa presentación e poderse acoller á ampliación do fraccionamento da débeda até o 6 de xullo ás 20:00, prazo que se ampliou até o 25 de xullo ás 12 da maña. O concello de Nigrán non figura nos concellos que presentaron a liquidación na relación publicada polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas actualizada o día 31 de xullo.

Esquerda Unida apunta que "este feito vai a supoñer dun xeito irreversible un prexuízo económico para o Concello de Nigrán dado que non vai a poder fraccionar o reintegro dos saldos debedores da liquidación definitiva de 2008 e 2009 en 120 meses, durante o ano 2012, o que vai a supoñer que este ano teña que pagar 62.608,6 euros que non se pagarían de haber presentado a liquidación na súa data.

Segundo José Cuevas, portavoz de Esquerda Unida en Nigrán "resulta curiosa a actuación do goberno de Nigrán, xa que no pleno do 29 de setembro de 2011 se aprobou unha moción, a proposta do Partido Popular, na que se acordou dirixirse ao Ministerio de Facenda do Goberno de España para solicitarlle que ampliara o prazo de 5 a 10 anos de pagamento destas cantidades."

Segundo apunta, nese pleno o actual alcalde falaba que con esa medida "tratábase de evitar un prexuízo para Nigrán" namentres o concelleiro de Facenda "apuntaba un posible colapso dos concellos". Unha vez obtido a posibilidade de ese aprazamento, "o goberno de Nigrán non a exerce" apunta Cuevas, que incide en que este "quebranto" vai ligado a unha "desidia" por parte do goberno municipal xa que "a retención vaise producir do importe das entregas mensuais a conta da participación nos tributos do estado que lles corresponde, de acordo prevista coa lei de economía sustentable",

José Cuevas emprazou ao goberno municipal a que "se deixe de facer propaganda ecentre na súa labor para minimizar os danos que se van a producir na facenda municipal, presentando de inmediato a liquidación."