Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán UCN denuncia que Nigrán ten o imposto de construcción máis caro de Galicia

UCN denuncia que Nigrán ten o imposto de construcción máis caro de Galicia

Correo-e Imprimir PDF
panxon-casas

-Os custes das licencias en Nigrán duplican e ata triplican os da veciña cidade de Vigo segundo cifras aportadas polo concelleiro Fernández Comesaña.

O gobernante Partido Popular de Nigrán non deu lugar durante o pleno celebrado este venres a unha moción que pretendía baixar o custe das licencias de construción e prezos medios de obra nova e de reforma entre un 50% e un 80%, presentada polo concelleiro Antonio Fernández Comesaña (UCN-CDL). A iniciativa baseaba o seu reclamo na "elevada presión fiscal que teñen que soportar os veciños de Nigrán á hora de solicitar unha licenza de obras", da que os centristas responsabilizan ao anterior goberno bipartito (PSOE-BNG) por subirllas en outubro de 2009 en máis dun 350%.

Agora, Fernández Comesaña corresponsabiliza ao alcalde Alberto Valverde de converter a Nigrán "no Concello máis caro de toda Galicia, pasando de custar unha licenza dunha vivenda unifamiliar de 250m/2 uns 2.176€ -antes do 2009- á frioleira cifra de 9.816€ actuais, polo que solicitar unha licenza de construción en Nigrán, converteuse en algo prohibitivo, máxime nun momento de grave crise para o sector da construción, así como dificultades nas economías familiares", salientou.

O portavoz centrista aportou cifras comparativas coas taxas que se cobran na mesma área metropolitana de Vigo. Nese senso indicou que unha vivenda unifamiliar de menos de 150 m2 construídos, valórase a razón de 1.183,52€/m2 e ata 250 m2, a razón de 1.120,08€/m2, en Nigrán, mentres que en Vigo resulta ter uns valores de 360,61€ e 601,01€/m2, respectivamente.

Para UCN a actitude do alcalde de Nigrán Alberto Valverde, "vén confirmar o pouco interese que lle merecen os veciños de Nigrán, que non lle importa nada asfixialos con impostos irracionales que unicamente perseguen un afán recaudatorio desmesurado".