Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

O E.E.I. Dunas estrea biblioteca para pais e nais

Correo-e Imprimir PDF

biblioteca-pais-donasO E.E.I. Dunas de Panxón estrea hoxe un recuncho moi especial dentro da súa biblioteca, un espazo equipado cunhas confortables cadeiras, mesa e lámpada de pé destinado á lectura dos pais e nais dos alumnos do centro, que abrirá dous martes ao mes en horario de tarde. "Esta iniciativa persegue incentivar a lectura entre os máis pequenos motivando o exercicio deste hábito entre os seus pais", explica o alcalde de Nigrán, Alberto Valverde.

Nigrán finalmente aplicará unha rebaixa ás taxas urbanísticas aínda que menor ca a proposta por UCN-CDL.

Correo-e Imprimir PDF

MonteferroCos mesmos argumentos que expuxera o concelleiro Fernández Comesaña (UCN-CDL) no pasado pleno de decembro para baixar as taxas que gravan a construción e reforma de vivendas en Nigrán -e que fora rexeitada-, o alcalde Alberto Valverde anuncia que promoverá unha rebaixa de entre un 15% e un 20% nas mesmas no vindeiro pleno do mércores 30 de xaneiro. A proposta orixinal do concelleiro Fernández Comesaña estimaba que as rebaixas debían roldar entre un 50% e un 80% para axeitar os valores á realidade económica e situar os prezos en cifras similares ás de Vigo.

UCN denuncia que o concello de Nigrán leva tres anos sen resolver as reclamacións por danos na vía pública

Correo-e Imprimir PDF

Antonio Fernández reclama a solución aos sinistros nas vía pública responsabilidade do concelloO portavoz da formación Unión Centrista de Nigrán-Centro Democrático Liberal (UCN-CDL), Antonio Fernández, denuncia que o Concello de Nigrán ten sen resolver reclamacións efectuadas por veciños como consecuencia dos danos sufridos na vía pública. As reclamacións serían fundamentalmente en vehículos que sufriron danos polo mal estado de viarios e camiños municipais (falta de mantemento, bacheo, ...) así como danos a persoas ao sufrir caídas en beirarrúas, como consecuencia de lousas levantadas.

UCN- CDL cualifica as duchas de prepago nas praias de Nigrán como un intento de "matar moscas a cañonazos".

Correo-e Imprimir PDF

monteferro-praias-nigran- A formación centrista entende que será maior o gasto de instalación do sistema que o aforro real e prevé inconvenientes para os usuarios.

- Fernández Comesaña (UCN-CDL), propón pasar a unha facturación de consumo real da auga no municipio para realmente evitar o "despilfarro".

A partir do próximo verán as duchas das praias de Nigrán serán de pago no marco dun plan de aforro da auga .

Correo-e Imprimir PDF

praias-nigranCando o próximo verán os veciños e turistas de Nigrán queiran quitarse a area ou o salitre nos ducheros da praia, deberán contar cunha tarxeta magnética de pago que expenderán as oficinas de turismo local. A medida foi anunciada este martes no marco dun convenio coa Xunta de Galicia que toma a Nigrán como cabeceira dun proxecto de "aforro da auga" que pretende reducir ata nun 60% o consumo do sistema público instalado nas praias do municipio. O Concello de Nigrán adianta que as tarxetas terán "un valor simbólico".

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL