Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán UCN denuncia que o concello de Nigrán leva tres anos sen resolver as reclamacións por danos na vía pública

UCN denuncia que o concello de Nigrán leva tres anos sen resolver as reclamacións por danos na vía pública

Correo-e Imprimir PDF
Antonio Fernández reclama a solución aos sinistros nas vía pública responsabilidade do concello

O portavoz da formación Unión Centrista de Nigrán-Centro Democrático Liberal (UCN-CDL), Antonio Fernández, denuncia que o Concello de Nigrán ten sen resolver reclamacións efectuadas por veciños como consecuencia dos danos sufridos na vía pública. As reclamacións serían fundamentalmente en vehículos que sufriron danos polo mal estado de viarios e camiños municipais (falta de mantemento, bacheo, ...) así como danos a persoas ao sufrir caídas en beirarrúas, como consecuencia de lousas levantadas.

Fernández manifesta o seu asombro e asegura que os veciños están cansados de reclamar  atopando como única resposta o "silencio administrativo deplorable", ante a falta de xestión do goberno. Fernández tamén tira das orellas ao goberno anterior e reparte culpas xa que parte dos sinistros veñen xa do anterior goberno socialista pero incide que o alcalde Alberto Valverde, está obrigado a resolver os problemas dos cidadáns sendo responsable por acción ó por omisión da situación.

Fernández Comesaña manifesta non entender o motivo do retraso xa que o concello dispón dunha póliza de responsabilidade civil, que cobre os danos patrimoniais ocasionados na vía pública a terceiros, cuxa responsabilidade poida ser exixible á administración, pero apunta que o concello "nin sequera molestáronse en remitir á compañía aseguradora os partes para tramitar os sinistros".

Fernández esixe Alberto Valverde, que poña orde de inmediato, adopte solucións e depure responsabilidades. "Que non volva repetirse esta deixamento lamentable, que repercute negativamente sobre os veciños, e cansos xa, claman con rabia e impotencia."