Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

UCN solicita ao alcalde de Nigrán que faga público os informes do PXOM emitidos polos técnicos municipais

Correo-e Imprimir PDF

 

Os informes da Xunta esixiron recortar o modelo de crecemendo plantexado polo goberno popularSegundo un comunicado, Unión Centrista de Nigrán/Centro Democrático Liberal (UCN-CDL), a través do seu portavoz Antonio Fernández Comesaña, esixiu novamente ao alcalde Alberto Valverde, que entregue sen máis dilación copia dos informes emitidos polos técnicos municipais, en relación co documento da PXOM presentado para a súa aprobación inicial o pasado mes de setembro de 2012 e que o alcalde se nega a entregar, a pesar de comprometerse no pleno do pasado mes de novembro.

Nigrán abre o prazo de inscrición para participar no "concurso de comparsas de Carnaval".

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Nigrán este martes 15 de xaneiro o prazo de inscrición para participar no "concurso de comparsas dos Carnavales 2013", que se celebrará o sábado 9 de febreiro a partir das 17.00 horas na contorna de Praia Lourido (América).

Nigrán abre inscricións para os cursos oficiais de lingua galega (CELGA).

Correo-e Imprimir PDF

4-LinguaGalegaO Concello de Nigrán ven de abrir o prazo de inscrición para participar nos cursos de galego que preparan para obter os certificados oficiais acreditativos dos distintos niveis de competencia da nosa lingua (CELGA). Todas aquelas persoas que queiran participar, deberán inscribirse cubrindo unha ficha que está xa a súa disposición nas dependencias do Departamento de Emprego Municipal e no Centro Antena de Nigrán, e que deberán presentar no Rexistro Xeneral Municipal ata o 23 de xaneiro de 2013, xa que as solicitudes serán atendidas por orde de entrada neste rexistro oficial.

Nigrán aproba a retirada de fondos depositados en entidades financeiras que executen desfiuzamentos no municipio.

Correo-e Imprimir PDF

auditorio-nigranO Concello de Nigrán procedará á retirada de fondos que teña depositados naquelas entidades financeiras que executen desafiuzamentos aos veciños do municipio. Así quedou establecido na última sesión do Pleno a iniciativa da Unión Centrista de Nigrán - CDL, que agregou esta enmenda a unha moción presentada polo PP na que se instaba ao goberno de España a modificar a Lei Hipotecaria. A resolución foi tomada por unanimidade dos 17 concelleiros.

Unha persoa ferida por mor do desprendemento dunha cornixa en A Ramallosa

Correo-e Imprimir PDF

Bombeiros e GRUMIR afanáronse en retirar os cascallos . Foto: valminor.infoUnha rapaza resultou ferida de consideración ao cairlle enriba parte da cornixa desprendida.

Os feitos puideron provocar unha traxedia maior se non fose que porque  a discoteca da zona atopábase ese día pechada e a festividade mantiña desertas as rúas do país.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL