Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán abre o prazo de inscrición para participar no "concurso de comparsas de Carnaval".

Nigrán abre o prazo de inscrición para participar no "concurso de comparsas de Carnaval".

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Nigrán este martes 15 de xaneiro o prazo de inscrición para participar no "concurso de comparsas dos Carnavales 2013", que se celebrará o sábado 9 de febreiro a partir das 17.00 horas na contorna de Praia Lourido (América).

 

Segundo información da alcaldía, poderán participar todas as comparsas que conten cun mínimo de dez membros adultos. Para poder optar aos premios deberán inscribirse previamente no Rexistro do Concello de Nigrán entre o 15 de xaneiro e o 1 de febreiro, ambos os dous incluídos, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Os formularios de inscripción estarán a disposición dos interesados na páxina Web municipal ou no departamento de Cultura. Aquelas comparsas que non estando inscritas desexen participar no desfile poderán facelo, pero sen opción a premio, sinalan dende o goberno local.

Si as condicións meteorolóxicas permíteno, o desfile comezará ás 17.00 horas desde o campo de fútbol de Lourido pola Avda. Praia América ata a explanada, onde actuarán cada unha das comparsas.