Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán mantén aberta a inscrición para o concurso de comparsas ata o venres

Nigrán mantén aberta a inscrición para o concurso de comparsas ata o venres

Correo-e Imprimir PDF
carnaval-mascara

A concellaría de Turismo, Cultura e Deportes de Nigrán mantén aberta a inscrición para o concurso de comparsas ata o vindeiro venres 10 de febreiro. As bases están dispoñibles na páxina Web e no taboleiro de anuncios do concello.

 

No concurso poderán participar todas as comparsas que consten dun mínimo de dez membros maiores de idade. As inscricións pódense realizar desde mañá mércores 18 e até o próximo 8 de febreiro en horario de 9.00 a 14.00 horas. Aquelas comparsas que desexen participar no desfile e non estean inscritas poderán facelo pero sen opción a premio, do cal competirán as dez primeiras clasificadas.