Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán abre inscricións para os cursos oficiais de lingua galega (CELGA).

Nigrán abre inscricións para os cursos oficiais de lingua galega (CELGA).

Correo-e Imprimir PDF
4-LinguaGalega

O Concello de Nigrán ven de abrir o prazo de inscrición para participar nos cursos de galego que preparan para obter os certificados oficiais acreditativos dos distintos niveis de competencia da nosa lingua (CELGA). Todas aquelas persoas que queiran participar, deberán inscribirse cubrindo unha ficha que está xa a súa disposición nas dependencias do Departamento de Emprego Municipal e no Centro Antena de Nigrán, e que deberán presentar no Rexistro Xeneral Municipal ata o 23 de xaneiro de 2013, xa que as solicitudes serán atendidas por orde de entrada neste rexistro oficial.

 

Cada un dos cursos terá unha duración de 70 horas, sendo necesario reunir un mínimo de 20 persoas para poder impartilo de forma conxunta por parte do concello.

Estas accións formativas están abertas á participación de todas aquelas persoas interesadas en adquirir coñecementos actualizados sobre o noso idioma ou en mellorar os xa existentes.