Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

Socialistas publican na súa web os informes dos técnicos municipais sobre o PXOM de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

web-psoe-pxomOs informes dos técnicos municipais sobre o documento do Plan Xeral de Ordenación Municipal (pendente de aprobación inicial) foron publicados en Internet pola agrupación socialista de Nigrán. A agrupación entende que a demora "por máis de dous meses" na súa entrega por parte do alcalde popular Alberto Valverde e a falla de publicidade desta documentación así como a do PXOM na web do Concello, fan necesaria a medida para que a información estea dispoñible para tódolos veciños do municipio.

O PSOE promove un convenio laboral con alumnos do Juan María e un plan de mobilidade para Nigrán no Parlamento de Galicia.

Correo-e Imprimir PDF

parlamento-de-galiciaO PSdG-PSOE introduce entre as enmendas ao proxecto de Lei de Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma de Galicia dúas iniciativas que inclúen un convenio co CEE Juan María e a realización dun "Plan de Mobilidade Urbana Sostible para Nigrán".

Carreira solidaria polo Día da Paz en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

paz-Máis de 300 alumnos de distintos centros escolares de Nigrán participarán nunha carreira solidaria para engrosar o fondo de alimentos municipal.

O vindeiro mércores 30 de xaneiro - ás 12.00 horas- máis de 300 alumnos de distintos centros de Nigrán daranse cita no C.E.I.P. de Panxón para conmemorar o Día Internacional da Paz, nunha carreira solidaria cuxa recadación destinarase integramente a engrosar as reservas do fondo de alimentos municipal, que axuda ás familias máis desprotexidas do municipio.

UCN-CDL denuncia que os informes dos técnicos municipais confirman a inviabilidade técnica e económica do PXOM de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

mapa-solo-pxom-nigran-O portavoz centrista Fernández Comesaña afirma cos informes xurídicos e económicos dos técnicos municipais "confirman os peores presaxios e sospeitas" sobre a inviabilidade técnica e económica do PXOM .

O Concello de Nigrán entrega aos grupo políticos os informes sobre o PXOM dos técnicos municipais.

Correo-e Imprimir PDF

PXOM nigran_documento_inicio-Os socialistas tiñan presentada dende o venres unha moción cara o vindeiro pleno para que o rexedor presentara sen máis demora a devandita documentación.

-O portavoz da UCN-CDL tamén reclamou publicamente dita entrega comprometida polo alcalde no pleno de novembro.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL