Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O PSOE promove un convenio laboral con alumnos do Juan María e un plan de mobilidade para Nigrán no Parlamento de Galicia.

O PSOE promove un convenio laboral con alumnos do Juan María e un plan de mobilidade para Nigrán no Parlamento de Galicia.

Correo-e Imprimir PDF
parlamento-de-galicia

O PSdG-PSOE introduce entre as enmendas ao proxecto de Lei de Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma de Galicia dúas iniciativas que inclúen un convenio co CEE Juan María e a realización dun "Plan de Mobilidade Urbana Sostible para Nigrán".

 

Unha primeira enmenda fai referencia ao establecemento dun Convenio de Colaboración entre o Centro de Educación Especial Juan María e Xunta de Galicia a través da Consellería de Traballo e Benestar para incorporación social e laboral dos alumnos deste centro.

" É ben sabida a labor que dende o Juan María estase a levar a cabo e as moitas dificultades económicas que está sufrindo nos últimos anos o que incluso levou ao peche do taller de Carpintería", sinalou o concelleiro Juan González. Dende o Partido Socialista proponse un convenio específico co Centro Juan María por unha cantidade de 300.000€ para o ano 2013 que axudaría ao centro á incorporación social e laboral dos usuarios que atende.

A segunda enmenda fai referencia á contratación dun Plan de Mobilidade Urbana Sostible para o concello de Nigrán por unha cantidade total de 66.550€. Trátase dun proxecto, que os socialistas entenden "indispensable para a elaboración do Plan Xeral (PXOM) que está en marcha en Nigrán e viría a reflectir exactamente a realidade do noso municipio relativo á mobilidade que se sufragaría nun convenio coa Consellería de Medio ambiente, Territorio e Infraestructuras", sinalan.

O Partido Socialista de Nigrán entregou ao portavoz socialista Abel Losa Álvarez (no Parlamento de Galicia) estas iniciativas nunha reunión mantida na sede do partido no municipio o pasado 17 de xaneiro. As dúas propostas foron incluídas polo PSdG-PSOE na enmenda que foi presentada polo portavoz Abel Losa Álvarez o 25 de xaneiro de 2013.

"Non creemos que Alberto Valverde como alcalde de Nigrán poda oporse a ditas enmendas e por iso dende o Partido Socialista pedímoslle que faga a presión necesaria para que o Partido Popular non rexeite ningunha das dúas propostas que agora o Pleno do Parlamento de Galicia debe aprobar ou rexeitar", sinalou Juan González.