Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Unha persoa ferida por mor do desprendemento dunha cornixa en A Ramallosa

Unha persoa ferida por mor do desprendemento dunha cornixa en A Ramallosa

Correo-e Imprimir PDF
Bombeiros e GRUMIR afanáronse en retirar os cascallos . Foto: valminor.info
  • Anterior
  • 1 of 4
  • Seguinte

Unha rapaza resultou ferida de consideración ao cairlle enriba parte da cornixa desprendida.

Os feitos puideron provocar unha traxedia maior se non fose que porque  a discoteca da zona atopábase ese día pechada e a festividade mantiña desertas as rúas do país.

Os feitos producíronse na pasada tarde preto das 20h. Unha chamada alertaba á Policía Local de Nigrán do desprendemento da fachada dunha casa siutada na rúa Manuel Lemos, unha das beirarúas máis transitadas da zona comercial  d'A Ramallosa.  A Policía acudía para precintar a zona, cando nese trance de tempo dúas parellas pasaban por debaixo da casa e se desprendía parte da cornixa de pedra da vivenda. Os cascallos da conrixa alcanzaban de cheo a unha rapaza e resultaba ferida de consideración sendo trasladada en ambulancia do 061 ao centro de urxencias da Xunqueira.

Segundo testigos presenciais, o susto foi grande cando viron que a rapaza quedaba atrapada baixo os cascallos. Ainda que logo conseguía sair polo seu propio pé quixándose das magulladuras provocadas polo impacto na cara, nun hombre e na perna.

Ata o lugar desprezáronse efectivos da Policía Local de Nigrán, do 061 así como os efectivos de garda do GRUMIR, xusto unha hora antes do cambio de turno da dotación que deixa a un só efectivo de emerxencia para toda a noite.

Acudiron tamén tres camións de bombeiros adicionais, un deles cunha escada elvadora con cesta, para realizar as labores de desprendemento do resto da cornixa e evitar  así o risco de novos danos.

Unha sorte.

Todos os presentes non paraban de repetir onte a mesma frase  "menos mal que hoxe non había Ramallosa 2000". Este feito sumado ao feito de coincidir co peche dos comercios pola festividade de nadal, disminuiu de xeito considerable o risco de causar unha traxedia humana máis grande dada a concurrencia que ten estas rúas nos fines de semán.

A estrada permaneceu cortada en ambos sentidos durante todo o operativo. 

 

Dim lights Embed Embed this video on your site