Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán aproba a retirada de fondos depositados en entidades financeiras que executen desfiuzamentos no municipio.

Nigrán aproba a retirada de fondos depositados en entidades financeiras que executen desfiuzamentos no municipio.

Correo-e Imprimir PDF
auditorio-nigran

O Concello de Nigrán procedará á retirada de fondos que teña depositados naquelas entidades financeiras que executen desafiuzamentos aos veciños do municipio. Así quedou establecido na última sesión do Pleno a iniciativa da Unión Centrista de Nigrán - CDL, que agregou esta enmenda a unha moción presentada polo PP na que se instaba ao goberno de España a modificar a Lei Hipotecaria. A resolución foi tomada por unanimidade dos 17 concelleiros.

 

O portavoz centrista, Antonio Fernández Comesaña, fundamentou o engadido á proposta orixinal dos populares no senso de que esta " no daba respuesta rápida a los verdaderos problemas que afectan de forma directa a los vecinos de Nigrán, que puedan verse afectados de forma inmediata por ordenes de desahucio de sus viviendas".

Agregou que este "no es el momento de competir, sino de buscar soluciones, pues la situación es límite para muchas familias, las que no solo pierden su vivienda, sino que sufren una condena financiera de por vida, que les impide levantar cabeza y encarar el futuro".