Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Denuncian a construción sen licenza e en terreos protexidos dunha caseta de Unión Fenosa en Praia América.

Denuncian a construción sen licenza e en terreos protexidos dunha caseta de Unión Fenosa en Praia América.

Correo-e Imprimir PDF
caseta-union-fenosa-p-ameri

-O concelleiro Antonio Fernández Comesaña (UCN-CDL,) denuncia a construción dunha caseta de transformación realizada por Unión Fenosa, en terreos destinados a zona verde e sen licenza, en Praia América.

 

A caseta de transformación eléctrica carecería de licenza municipal e foi situada nun espazo público protexido polas normas subsidiarias como zona verde (V-35), na intersección da Rúa Areosa, coa Avenida Rans (Praia América). Fernández Comesaña, agrega que a obra foi realizada "ante a total pasividade do Concello, infrinxindo gravemente a normativa urbanística actualmente en vigor".

Por outra banda, o concelleiro centrista sinala que a mesma normativa obriga a soterrar as instalacións, feito que tampouco foi respectado, ao atoparse sobre rasante.

Fernández Comesaña, insta ao alcalde Alberto Valverde, a que de forma inmediata, ordene a paralización das obras realizadas, e inicie expediente de reposición da legalidade urbanística, "acordando, no seu caso, a demolición do ilegalmente construído, devolvendo o terreo ao seu estado primitivo".