Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O Concello de Nigrán dá a coñecer os ganadores do Premio Nigrán 2013.

O Concello de Nigrán dá a coñecer os ganadores do Premio Nigrán 2013.

Correo-e Imprimir PDF

-As Escolas Proval, a Fundación Manela, o Racing Vilariño, o Club de Bolos a Carrasca e dúas empresas do municipio reciben o recoñecemento dos premios Nigrán 2013.

 

Os Premios Nigrán 2013, outorgados polo Concello a diversos colectivos e persoas co xeito de salientar as súas achegas á vida municipal, xa teñen nome e apelidos. Así, o rexedor municipal avanzou hoxe os nomeados da segunda edición destes premios, nun proceso no que informa, convidou a participar a todos os colectivos sociais, culturais e deportivos do municipio, así como a todos os membros da corporación municipal.

O premio ao mérito social será para a Fundación Menela, con 20 anos de traballo no seu centro Castro Navas (Priegue), dando resposta ás necesidades específicas das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA).

O mérito cultural recaerá este ano sobre a Sociedade Cultural e Deportiva Bolos da Carrasca, pola súa achega neste eido ao municipio dende os anos 80.

Con máis de 100 anos de historia, e a súa achega na formación educativa e humana de miles de persoas da comarca, Escolas Proval recibiu o Premio Nigrán 2013 ao mérito educativo. Este centro naceu no ano 1909 como escola pioneira, grazas á contribución dos emigrantes, xestionada a través da Unión Hispanoamericana del Valle Miñor," que trouxeron con eles técnicas educativas innovadoras, seguindo os criterios e os ensinos aprendidos en Arxentina, mostra do estreito vínculo entre os dous lados do océano", segundo destacan dende o Concello.

O Racing de Vilariño é o candidato a recibir o Premio Nigrán 2013 ao mérito deportivo.

Con máis de 50 anos de vida, "o maior éxito deste club consiste en que, ademais de formar deportivamente a miles de nenos e nenas da comarca, incorpora ao seu quefacer diario unha educación social e humana, un sentimento de pertenza a unha comunidade, a un equipo, a unha forma de ser", fundamentase.

O mérito empresarial recaerá nesta segunda edición dos Premios á Zapatería La Rápida dirixida por Ángel Méndez, de quen se destaca o feito de manter " vivo o espírito orixinario dun oficio tan tradicional e secular como o de zapateiro, nuns tempos nos que a tecnificación substitúe en moitas ocasións o traballo artesán e manual".

O premio á innovación recaeu na empresa nada en Nigrán, Marine Instruments, primeiro fabricante internacional de boias satelitais .