Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A partir do día 2 de xaneiro poderase tramitar o cambio de domicilio nos permisos de condución e circulación en Nigrán.

A partir do día 2 de xaneiro poderase tramitar o cambio de domicilio nos permisos de condución e circulación en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
sinatura-dgt-nigran

Os veciños de Nigrán poderán realizar a partir do 2 de xaneiro a tramitación do cambio de domicilio nos seus permisos de condución e circulación sen necesidade de desprazarse á Xefatura de Tráfico de Vigo. Así informou onte o alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, tras facer efectiva a firma do convenio de colaboración entre a FEMP e a DGT, ao que desde hoxe se adhire o Concello de Nigrán. Os interesados poderán realizar este trámite na sede da Policía Local de Nigrán, sen ter que desprazarse á Xefatura de Tráfico de Vigo para levalo a cabo.

 

Para iso, o cidadán deberá cumprimentar no Rexistro do concello unha solicitude de cambio de domicilio no momento de empadroarse, a cal será remitida á Xefatura de Tráfico para proceder á actualización dos rexistros de vehículos e condutores.

A adhesión de Nigrán a este convenio marco -subscrito entre a DXT e a FEMP- facilitará a realización do trámite administrativo anteriormente descrito, evitando desprazamentos e de forma gratuíta, "xa que este trámite non xera ningún taxa, conseguindo ao mesmo tempo a actualización dos rexistros", explica o rexedor municipal, Alberto Valverde.