Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán xestionará directamente os cambios de domicilio dos permisos de condución e circulación.

Nigrán xestionará directamente os cambios de domicilio dos permisos de condución e circulación.

Correo-e Imprimir PDF
auditorio-nigran

-Os veciños de Nigrán poderán realizar a tramitación do cambio de domicilio nos seus permisos de condución e circulación sen necesidade de desprazarse á Xefatura de Tráfico de Vigo.

 

De agora en diante os veciños de Nigrán xa non terán que desprazarse ata a Xefatura de Tráfico de Vigo para realizar o trámite do cambio de domicilio nos seus permisos de circulación e condución. Así o decidiu este xoves o pleno municipal coa aprobación dunha moción presentada polo goberno municipal.

A adhesión de Nigrán a este convenio marco -subscrito entre a DXT e a FEMP- facilitará a realización do trámite administrativo anteriormente descrito, evitando desprazamentos e de forma gratuíta, "xa que este trámite non xera ningún taxa, conseguindo ao mesmo tempo a actualización dos rexistros", explica o rexedor municipal, Alberto Valverde.

Para iso, o cidadán deberá cumprimentar no Rexistro do concello unha solicitude de cambio de domicilio no momento de empadroarse, a cal será remitida á Xefatura de Tráfico para proceder á actualización dos rexistros de vehículos e condutores.

"Achegar a administración ao cidadán e simplificarlle na medida posible a realización de trámites administrativos é un compromiso deste goberno, e a pesar das dificultades do momento que estamos vivindo seguiremos traballando para mellorar a calidade dos servizos que desde o concello ofrecemos aos nosos veciños", sinala Valverde.