Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

200m2 do tellado da piscina d'A Ramallosa saen voando polo temporal

Correo-e Imprimir PDF

Membros do GRUMIR o pasado 23 de setembro - Imaxe: No a la supresión del GRUMIR Val Miñor"200m2 da cuberta da piscina da mancomunada d'A Ramallosa, saen voando deixando ao descuberto a totalidade do vaso da piscina.

Os feitos producíronse neste última noite preto das 6 da mañá, polo que afortunadamente non había usuarios da piscina e non houbo que lamentar danos persoais.

Os imputados pola revolta veciñal de 2006 están sendo novamente identificados pola policía local sen motivo aparente.

Correo-e Imprimir PDF

Protesta durante un pleno do concello de Nigrán no ano 2006Axentes da policía local de Nigrán estarían acudindo dende onte aos domicilios dos veciños, que no ano 2006, se autoinculparon polas desfeitas ao concello, na mobilización que paralizou o anterior plan xeral de Nigrán.

Os veciños asumiron no seu día multas de 400€ polos danos e en solaridade conxunta nun acordo previo coa fiscalía.

As visitas que están a recibir nestes días algúns dos veciños que foran imputados están levantando unha forte polémica polas formas e o contido das mesmas.

Valminor.info tivo coñecemento onte pola noite, do caso dun veciño de Nigrán que foi visitado, supostamente pola policía local de Nigrán. O motivo da visita era o de saber si ese veciño, imputado nos feitos de 2006 durante as protestas do PXOM, seguía vivindo no mesmo domicilio, para que no caso de que o xulgado teña que practicar novas dilixencias estean identificados a efectos de notificación.

O Castro de Chandebrito agochado entre os toxos

Correo-e Imprimir PDF

castro-chan-debrito-1A Asociación Chandebrito 1807 denuncia o "total estado de abandono" no que se atopa o emblemático Castro da parroquia nigranense. Toxos, xestas e silvas ten ateigada a superficie deste enclave da Idade de Ferro , segundo puideron comprobar membros do colectivo, quen aseguraron que nalgúns lugares a maleza alcanza os dous metros de altura. "As murallas defensivas e partes de vivendas que quedaron ao descuberto no ano 2001, practicamente nin se aprecian", sinalou Carlos Gómez Costas, portavoz da agrupación.

Esquerda Unida e UCN-CDL critican a falta de claridade do concello de Nigrán na redacción do PXOM

Correo-e Imprimir PDF

O PXOM contempla a construcción completa de toda a fachada de costa
Esquerda Unida denuncia a falta de claridade do concello no referente á redacción do PXOM, así como os numerosos erros que hai no documento presentado aos colectivos veciñais.

UCN-CDL sostén que é preciso que a Xunta emita un novo informe previo á aprobación inicial no pleno porque dubida que se estean cumprindo as esixencias requeridas nos informes sectoriais.

Salvemos Monteferro califica como engano a documentación do PXOM entregada polo concello de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

O alcalde de Nigrán entregando o PXOM á CCMM de Parada. Foto: Prensa Concello de Nigrán
Salvemos Monteferro sinala que a documentación relativa ao PXOM entregada polo concello non é válida.

Unha carta de resposta da Xefa de Costas de Pontevedra desta semán puxo en alerta ao colectivo que sinala que o documento urbanístico ainda non foi informado pola Xuntae se atopa á espera da nova remisión do plan por parte do concello.

 O colectivo pide a dimisión do alcalde por faltar a verdade e non ser claro na tramitación e no proceso de infromación previa do documento.

 

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL