Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán 200m2 do tellado da piscina d'A Ramallosa saen voando polo temporal

200m2 do tellado da piscina d'A Ramallosa saen voando polo temporal

Correo-e Imprimir PDF
Membros do GRUMIR o pasado 23 de setembro - Imaxe: No a la supresión del GRUMIR Val Miñor

200m2 da cuberta da piscina da mancomunada d'A Ramallosa, saen voando deixando ao descuberto a totalidade do vaso da piscina.

Os feitos producíronse neste última noite preto das 6 da mañá, polo que afortunadamente non había usuarios da piscina e non houbo que lamentar danos persoais.

É a segunda vez que os refachos de vento levantan a cuberta da piscina d'A Ramallosa. O pasado 23 de setembro os dous únicos operarios do GRUMIR Val Miñor acudían á chamada de emerxencia para asegurar o tellado e impedir que o vento producise un efecto "vela" que levantase o resto da cuberta.

Meteogalicia prevee unha mellora do tempo para a xornada de mañán domingo  con grandes claros nas horas centrais do día e con chuvias que chegarán á noite. Temperaturas mínimas en moderado descenso e máximas en lixeiro descenso. Vento frouxo do norte pola mañá, frouxo do noroeste pola tarde e frouxo e variable pola noite.