Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O Castro de Chandebrito agochado entre os toxos

O Castro de Chandebrito agochado entre os toxos

Correo-e Imprimir PDF
castro-chan-debrito-1
castro-chan-de-brito-2
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

A Asociación Chandebrito 1807 denuncia o "total estado de abandono" no que se atopa o emblemático Castro da parroquia nigranense. Toxos, xestas e silvas ten ateigada a superficie deste enclave da Idade de Ferro , segundo puideron comprobar membros do colectivo, quen aseguraron que nalgúns lugares a maleza alcanza os dous metros de altura. "As murallas defensivas e partes de vivendas que quedaron ao descuberto no ano 2001, practicamente nin se aprecian", sinalou Carlos Gómez Costas, portavoz da agrupación.

 

Por riba, un treito de máis de trinta metros do valo de madeira, colocado por primeira vez no ano 2005 no perímetro Sur-Sureste (para impedir que motos e bicicletas seguiran causando estragos) está derrubado, sinalou o colectivo.

O Castro, cuxa antigüidade está estimada entre 2.200 e 2.800 anos, é altamente estimado polo seu valor pedagóxico, xa que a súa morfoloxía de perfil escalonado é das máis axeitadas para visitas escolares e tamén turísticas nas que se quere explicar o funcionamento destas comunidades prehistóricas.

A asociación Chandebrito responsabiliza á Xunta Recotra da Comunidade de Montes da parroquia (propietaria dos terreos), ao Concello de Nigrán e a Consellaría de Cultura da Xunta de Galicia, do estado no que se atopa o enclave. Sinalan que levan dende o ano 2007 presentando escritos ao Concello e á citada Consellería (como competentes na conservación do patrimonio cultural de Galicia) solicitando que se tramite o oportuno expediente de declaración de BIC (Ben de Interese Cultural) para esta "xoia da Idade de Ferro", sen que aínda recibiran contestación de ningunha

Carlos Gómez Costas, portavoz de Chandebrito 1807, sinalou que de non tomarse medidas por parte das autoridades competentes, a súa asociación "está disposta a facelo con persoal voluntario, xa que pensa que non pode estar máis tempo así".