Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

Socialistas denuncian novamente as desfeitas que deixa o botellón d'A Ramallosa.

Correo-e Imprimir PDF

O concelleiro Juan González (PSOE-Nigrán) volve a denunciar ao alcalde Alberto Valverde por incumprir as "súas promesas e sigue permitindo os macro botellóns na Ramallosa". Nese senso afirmou que as desfeitas do botellón desta fin de semana, deixaron a súa pegada na Ponte Romana e o seu entorno. Sinala que eses espazos ademais do lixo habitual que deixan as resacas, enchéronse de botellas rotas, cristais e vasos.

O PSOE de Nigrán publica a documentación completa do PXOM na súa web.

Correo-e Imprimir PDF

nave-almacen-san-pedro-O documento atópase dispoñible en na web socialista e no seu perfil na Rede Facebook.

-Juan González denuncia un "erro non intencionado" no PXOM que permite consolidar unha nave almacén propiedade do concellal de Vías e Obras, José Álvarez, como "Núcleo Rural Tradicional".

-En 24 horas vence o prazo outorgado polo alcalde Valverde para que o Consello Sectorial e os partidos da oposición presenten "suxestións" á documentación do PXOM.

Benestar Social de Nigrán oferta viaxes para maiores con diversos destinos.

Correo-e Imprimir PDF

Ponte-de-Lima-Portugal-1146A concellaría de Benestar Social e Sanidade de Nigrán informa sobre unha nova convocatoria do IMSERSO do programa Viaxes para Maiores para a tempada 2012/2013. Entre os destinos contemplados para a presente tempada atópanse a península, Baleares, Canarias e Portugal, con circuítos culturais e turismo de natureza. Este programa está aberto a persoas censadas en Nigrán cunha idade mínima de 65 anos, así como para prexubilados e/ou pensionistas con 60 anos ou viuvez con 55 anos cumpridos. A campaña admite como acompañantes os fillos con discapacidades cuxo grao de minusvalía sexa igual ou superior ao 45%.

O Concello de Nigrán presenta a campaña "Outubro o mes do emprego".

Correo-e Imprimir PDF

valverde-empregoO Concello de Nigrán presentou a campaña "Outubro o mes do emprego" que contará con seis instancias formativas e de promoción cara á dinamización do mercado laboral no municipio. A través de múltiples actividades, o goberno municipal proponse " hacer llegar a toda la población una serie de iniciativas cuyo objetivo es mejorar las competencias personales y profesionales de nuestros vecinos, ayudándoles así en la búsqueda de un puesto de trabajo", segundo informa a Concellería de Promoción Empresarial, Comercio e Emprego.

Un informe de intervención sinala a obriga de Zona Franca de asumir os custes da potabilizadora de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

Alberto Valverde e a delegada de Zona Franca Teresa Pedrosa nunha visita institucional a Porto do Molle. Imaxe CZFVO documento do informe do interventor municipal que analiza pormenorizadamente a viavilidade do proxecto antes da súa aprobación no pleno municipal, presenta reparos sobre a legalidade das obras, o gasto así como do convenio a firmar polo concello.

O informe asegura que debe ser Zona Franca a que asuma o custe de ampliación da infraestructura e que en ningún caso o concello de Nigrán poderá asumir nin total nin parcialmente os custes da obra.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL