Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

O PSdeG de Galicia advirte dunha suba do 282% nos recibos da auga no Val Miñor, por mor do novo canon da auga

Correo-e Imprimir PDF

O conselleiro de Medioa Ambiente nunha visita as instalacións de Condominguez.A información era recollida polo xornal La Opinión de Coruña o pasado 9 de xullo de 2012, unha noticia que pese a ter relevancia para o Val Miñor, non traspasou as fronteiras eumesas.

O PSdeG acusou o pasado mes de xullo ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de ser o "único responsable" de que a auga vaia a custar en Galicia un 120%  máis que en Andalucía, e denunciou que o aumento do custo será do 282% por cento en 22 municipios galegos, entre eles os concellos do Val Miñor.

En rolda de prensa, os socialistas replicaban deste xeito ao conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, que xustificou o canon da auga polas "imposicións da Unión Europea".

A Xunta promete adiantar o 100% do custe da obra de ampliación e mellora da ETAP de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

ETAP nigran_condominguezFinalmente a Xunta de Galicia decidiu financiar a totalidade da ampliación e mellora da estación de tratamento de auga potable de Nigrán. As obras sobre a ETAP Condomínguez contarán cun orzamento de 1.115.000 euros que disporá o goberno autonómico a través de Augas de Galicia. Así llo trasladou este martes o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, ao alcalde de Nigrán, Alberto Valverde. A decisión final a terá o Pleno de Nigrán, quen deberá ratificar o acordo entre as dúas administracións.

UPyD responsabiliza ao goberno municipal polo mal estado das zonas verdes e parques de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

parque-paradaO portavoz de UPyD-Nigrán, Jorge Sanromán, responsabilizou nesta xornada ao Concello de Nigrán polo que cualificou como "o lamentable estado xeral" dos parques infantís do municipio, e en particular o que está situado na parroquia de Parada, na rúa Porto do Molle.

EU de Nigrán denuncia que o Concello ainda non presentou a liquidación das contas de 2011

Correo-e Imprimir PDF

 

auditorio-nigran

Salvo o concello de Valga, ningún concello da provincia de Pontevedra presentaron ainda as súas contas do ano 2011

O comunicado feito público por Esquerda Unida de Nigrán, denuncian que o Concello non presentou á liquidación das contas do ano de 2011 e que non solicitou o aprazamento.

O Concello de Nigrán anuncia o saneamento das contas municipais e adianta axustes para os próximos meses.

Correo-e Imprimir PDF

auditorio-nigran"Nigrán cierra el ejercicio económico de 2011 con las cuentas saneadas", anunciou nesta xornada a administración local. Nese senso, a través dun comunicado informa que o último exercicio deixou un saldo positivo de 235.631€ e un remanente de Tesourería de 404.000€. Nembargante o alcalde Alberto Valverde anunciou que " ante el empeoramiento de las previsiones económicas globales del país" o Concello se verá obrigado a facer "pequeños ajustes en algunas de las partidas de gasto"

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL