Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán UPyD responsabiliza ao goberno municipal polo mal estado das zonas verdes e parques de Nigrán.

UPyD responsabiliza ao goberno municipal polo mal estado das zonas verdes e parques de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
parque-parada
praza-rans
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

O portavoz de UPyD-Nigrán, Jorge Sanromán, responsabilizou nesta xornada ao Concello de Nigrán polo que cualificou como "o lamentable estado xeral" dos parques infantís do municipio, e en particular o que está situado na parroquia de Parada, na rúa Porto do Molle.

 

Sanromán sinalou que o parque infantil de Parada está, desde fai máis dun ano "absolutamente abandonado". Nese senso sinalou que existe risco de accidente por carecer dunha "rede ou tea de seguridade que protexa aos máis pequenos dunha caída cara á leira lindeira, separada do parque por un muro duns cinco metros de desnivel nalgún dos seus tramos". Advertiu que os cativos ou viandantes des espazo "poderían caer sobre os distintos materiais de construción, maquinaria, ferros e ramas de árbores que existen no fondo da parcela. "

UPyD-Nigrán esixe ás autoridades municipais de Nigrán que "ordenen o máis rápido posible" o amaño e reparación en todos os parques municipais daqueles accesorios que actualmente están deteriorados para non ter que lamentar ningún accidente, en especial e de "xeito urxente" o da parroquia de Parada, dada o seu elevado perigo.

O portavoz, Jorge Sanromán sostén que durante a actual mandato, a alcaldía "non dedicou ningún coidado nin mantemento aos parques infantís, non podendo desta forma garantir a seguridade dos usuarios, na súa maioría pequenos de pouca idade."

A praza da Rúa Rans

A denuncia de UPyD tamén abrangue a situación da pequena praza da Rúa Rans, na entrada de Praia América. Sanromán informa que a mesma está en "absoluto abandono", "inacabada" a pesar de que a súa construción se remonta ao ano 2009 dentro das obras do Plan E. A falla de xardíns ou acabado da obra fai que o espazo sexa utilizado como aparcadoiro, sinala o portavoz de UPyD. Sanromán entende que o Concello debe actuar inmediatamente neste espazo dada a " máxima afluencia de visitantes" que recibe pola súa localización, así como pola mala imaxe que brinda do municipio.